Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Acondicionadores de Sinal
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2016_17
Materia Acondicionadores de Sinal Código V05M145V01331
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
5 OP 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Coordinador/a
Quintáns Graña, Camilo
Correo-e quintans@uvigo.es
Profesorado
Quintáns Graña, Camilo
Web http://http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral Nesta materia estúdanse os circuítos electrónicos que acondicionan os sinais xerados polos sensores para poder conectalos de forma adecuada a un sistemas de adquisición de datos ou a un procesador dixital.
É unha materia continuación de Deseño de Circuítos Electrónicos Analóxicos, que se imparte no primeiro curso do mestrado. Así, nesta materia amplíanse os circuítos básicos de acondicionamento incluíndo as pontes de medida activas, os circuítos de alterna, etc.
Outro aspecto importante que se inclúe no estudo é a avaliación da incerteza de medida. Apréndese a caracterizar a medida que proporciona un sensor mediante a súa curva de calibración e a súa incerteza de medida.
A teoría compleméntase coas prácticas de laboratorio, que se centran en proporcionar ao alumnado os coñecementos prácticos necesarios para abordar a realización dun sistema de medida completo, desde o sistema físico ata a interfaz de usuario. Os puntos fortes do traballo de laboratorio son:
- A metodoloxía a seguir para a medición de variables físicas e o cálculo de incertezas.
- A caracterización de transductores.
- As topoloxías dos circuítos de acondicionamento.
- A conexión dos sinais acondicionados a un procesador dixital.
- O Software de instrumentación para o acondicionamento dixital e as interfaces de usuario.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000