Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Electrónica de Potencia en Fotovoltaica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento das prácticas de laboratorio. 33 A2
B4
B8
C28
Resolución de problemas Resolución de exercicios propostos 33 A2
B4
B8
C28
Lección maxistral Conceptos teóricos. 34 A2
B4
B8
C28
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para as oportunidades ordinaria e extraordinaria de avaliación poderase escoller entre avaliación continua ou avaliación global. O estudantado que opte por avaliación global deberá notificalo por escrito no prazo de un mes dende o inicio das clases da materia.

1. Avaliación continua

A avaliación continua consiste na avaliación das tarefas propostas polo profesorado ao longo do curso. O alumnado executará as tarefas e entregarán un informe de cada unha das tarefas. O profesorado poderá facer preguntas ao alumnado sobre as tarefas executadas có fin de evaluar os coñecementos adquiridos.

O profesorado cualificará ao alumnado a partir do seu desempeño na realización das tarefas e os informes. As cualificacións serán válidas só para o curso académico en que se realicen.

Enténdese que o alumnado opta por avaliación continua se presenta algunha das tarefas propostas. Desde ese momento considérase presentado á convocatoria. A súa cualificación será a de avaliación continua.

2. Avaliación global

O alumnado que non participa na avaliación continua terá que realizar un exame. Este exame constará de preguntas teóricas, problemas e exercicios que avaliarán os coñecementos do alumnado relativos aos contidos da materia. A data para a realización desta proba será fixada pola dirección do centro.

3. Oportunidade extraordinaria

O alumnado dispón dunha oportunidade extraordinaria para superar a materia. Terá que superar un exame que consta de preguntas teóricas, problemas e exercicios que avaliarán os coñecementos do alumnado relativos aos contidos da materia. A data para a realización desta proba será fixada pola dirección do centro. Este exame é o mesmo para todo o alumnado, seguisen ou non a avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000