Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Redes Sociais e Económicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Validación do proxecto e calidade das conclusións. 30 A1
A3
B4
B8
C26
C27
Resolución de problemas de forma autónoma Corrección dos exercicios propostos. 30 A1
A3
B4
B8
C26
C27
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame escrito de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos da materia 30 A1
A3
B4
B8
C26
C27
Exame de preguntas obxectivas Exame escrito de preguntas obxectivas sobre os contidos da materia 10 A1
A3
B4
B8
C26
C27
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Déixanse a discreción do alumnado dous métodos de avaliación alternativos na materia: avaliación continua (por defecto) e
avaliación global.

A avaliación continua consistirá na realización dun exame final escrito  (40% da cualificación), no desenvolvemento dun proxecto práctico (30% da cualificación) e na resolución escrita de problemas e exercicios en tres entregas ao longo do curso (30% da cualificación). A avaliación global consistirá na realización dun exame final escrito (60% da cualificación) e no
desenvolvemento dun proxecto práctico (40% da cualificación).

É preciso acadar 3.5 puntos sobre 10 no exame final escrito para superar a materia. No caso de non acadar este mínimo pero acadar ou superar os 5 puntos na cualificación total, a cualificación recibida será 4.5.

O alumnado poderá renunciar á avaliación continua antes da terceira entrega de problemas e exercicios, informando ao profesorado sobre elo.

Considerarase presentado todo aquel alumnado que se presente ao exame final escrito e/ou entregue o proxecto.

Os que non superen a materia na oportunidade ordinaria da convocatoria dispoñen dunha oportunidade extraordinaria na que se voltarán a avaliar os seus coñecementos cun exame escrito e/ou avaliarase novamente o seu proxecto no caso de que se mellorase
ou modificase. Os pesos de cada unha das probas (exame e proxecto) serán os mesmos que no período
ordinario de avaliación conforme á modalidade que se elixira.

A cualificación das probas só ten efecto no curso académico no que se obteñan, con independencia do itinerario
de avaliación escollido.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000