Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Redes Sociais e Económicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Validación do proxecto e calidade das conclusións. 30 A1
A3
B4
B8
C26
C27
Resolución de problemas de forma autónoma Corrección dos exercicios propostos. 30 A1
A3
B4
B8
C26
C27
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame escrito de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos da materia 30 A1
A3
B4
B8
C26
C27
Exame de preguntas obxectivas Exame escrito de preguntas obxectivas sobre os contidos da materia 10 A1
A3
B4
B8
C26
C27
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Déixanse a discreción dos alumnos dous métodos de avaliación alternativos na materia: avaliación continua e
avaliación única.

A avaliación continua consistirá na realización dun exame final escrito  (40% da cualificación), no desenvolvemento dun proxecto práctico (30% da cualificación) e na resolución escrita de problemas e exercicios ao longo do curso (30% da cualificación). A avaliación única consistirá na realización dun exame final escrito (60% da cualificación) e no
desenvolvemento dun proxecto práctico (40% da cualificación) que se entregará antes do último día hábil
anterior ao período oficial de exames.

Os alumnos escollerán unha ou outra modalidade de avaliación no momento en que se anuncien os proxectos de desenvolvemento.

Consideraranse presentados todos aqueles alumnos que se presenten ao exame final escrito e/ou entreguen o proxecto.

Os que non superen a materia na primeira oportunidade da convocatoria dispoñen dunha segunda oportunidade no
mes de xullo na que se voltarán a avaliar os seus coñecementos cun exame escrito e/ou avaliarase novamente o seu proxecto se se mellorou
ou modificou. Os pesos de cada unha das probas (exame e proxecto) serán os mesmos que no período
ordinario de avaliación conforme á modalidade que se elixira.

A cualificación das probas só ten efecto no curso académico no que se obteñan, con independencia do itinerario
de avaliación escollido.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000