Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Computación Distribuída
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Exames compostos por unha serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test que o alumno deberá contestar na aula de forma individual. 60 A2
A4
A5
B8
C24
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Informe detallado das tarefas realizadas durante a realización das prácticas de laboratorio levadas a cabo en grupo. 5 A2
A4
B8
C24
Práctica de laboratorio Calificación do traballo levado a cabo polos estudantes durante a realización das prácticas de laboratorio levadas a cabo en grupo. Nivel de involucramento, participación nas mesmas, e funcionamiento do trabajo levado a cabo 35 A2
A4
A5
B8
C24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes, en primeira oportunidade, poden decidir ser avaliados segundo un modelo de avaliación continua ou ben por avaliación única. O feito de presentarse ao primeiro exame de avaliación continua implica optar por este modelo de avaliación (en caso contrario óptase polo modelo de avaliaciión única). Unha vez os estudantes opten polo modelo de avaliación continua a súa cualificación non poderá ser nunca "Non presentado". Para segunda oportunidade os estudantes serán avaliados utilizando a modalidade de "avaliación única" (coas posibles modificacións que se especifiquen no seu momento en relación ao proposto). As notas obtidas en primeira oportunidade no se conservan para segunda oportunidade.

Nos estará permitido o plaxio nen a copia.

1- AVALIACIÓN CONTINUA

Para poder superar a materia requírese unha cualificación mínima de 5 puntos. A cualificación será o resultado de sumar as cualificacións recibidas en cada unha das partes seguintes:

  • Exame 1:
    • Datas: Antes da metade do cuatrimestre
    • Individual
    • Contidos: Impartidos en teoría ata ese momento
    • Tipo: Serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test 
    • Puntuación máxima = 2 puntos
  • Exame 2:
    • Datas: Calendario oficial (coincidindo co exame da avaliación única para aqueles que optasen por esa modalidade)
    • Individual
    • Contidos: Impartidos en teoría ata ese momento exceptuando os que xa foron avaliados no Exame 1.
    • Tipo: Serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test 
    • Puntuación máxima = 4 puntos
  • Prácticas:
    • Datas: Dende a 3ª semana ata a 11ª semana
    • En grupo
      • Informes/memorias
        de prácticas e Práctica de laboratorio: Asignarase unha calificación
        persoalizada a cada membro do grupo segundo o seguinte algoritmo:
        • Nota final práctica = (Memoria + Práctica) * Factor de ponderación
        • Nota máxima Memoria = 0.5 puntos
        • Nota máxima Práctica = 3.5 puntos (comprobación do correcto funcionamento da práctica e posibles cambios a realizar nela, en grupo ou de xeito individual)
        • Factor de ponderación = (Seguimento por parte do profesor + Avaliación por pares) / 20
  • Seguimento por parte do profesor: Do traballo realizado por cada alumno observado polo profesor (0-10).
  • Avaliación
    por pares: Dentro de cada grupo. Cada alumno puntúa aos seus compañeiros en
    relación ao traballo aportado (0-10).  Faise unha media aritmética para
    cada alumno.
    • Puntuación máxima = 4 puntos

2- AVALIACIÓN ÚNICA

Para poder superar a materia requírese unha cualificación mínima de 5 puntos.

  • Exame teórico:
    • Datas: Calendario oficial
    • Individual
    • Contidos: Impartidos no global da parte teórica da materia.
    • Tipo: Serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test 
    • Puntuación máxima = 6 puntos
  • Exame práctico e entrega da práctica:
    • Datas do exame: Calendario oficial
    • Datas de entrega da práctica: Antes do exame.
    • Individual
    • Contenidos do exame: Relativos á parte práctica da asignatura
    • Tipo de exame: Serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test, e comprobación do correcto funcionamento da práctica e posibles cambios a realizar nela.
    • Puntuación máxima = 4 puntos
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000