Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Computación Distribuída
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Exames compostos por unha serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test que o alumno deberá contestar na aula de forma individual. 70 A2
A4
A5
B8
C24
Informes/memorias de prácticas Informe detallado das tarefas realizadas durante a realización das prácticas de laboratorio levadas a cabo en grupo. 10 A2
A4
B8
C24
Observación sistemática Observación por parte do profesor do traballo levado a cabo polos alumnos na aula durante a realización das prácticas de laboratorio levadas a cabo en grupo. Nivel de involucramento, participación nas mesmas, e funcionamento do traballo realizado. 20 A2
A4
A5
B8
C24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes poden decidir ser avaliados segundo un modelo de avaliación continua (apuntado anteriormente) ou ben realizar un exame final. O feito de presentarse ao primeiro exame de avaliación continua implica optar por este modelo de avaliación (en caso contrario óptase polo modelo de exame final). Unha vez os estudantes opten polo modelo de avaliación continua a súa cualificación non poderá ser nunca "Non presentado".

Nos estará permitido o plaxio nen a copia.

1- AVALIACIÓN CONTINUA

Para poder superar a materia requírese unha cualificación mínima de 5 puntos. A cualificación será o resultado de sumar as cualificacións recibidas en cada unha das partes seguintes:

  • Exame escrito 1:
    • Datas: Sobre a cuarta semana do curso
    • Individual
    • Contidos: Impartidos ata ese momento
    • Tipo: Serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test 
    • Puntuación máxima = 5 puntos
  • Exame escrito 2:
    • Datas: Calendario oficial (coincidindo co exame final para aqueles que optasen por esa modalidade)
    • Individual
    • Contidos: Impartidos ata ese momento exceptuando os que xa foron avaliados no exame escrito 1.
    • Tipo: Serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test 
    • Puntuación máxima = 2 puntos
  • Prácticas:
    • Datas: 6ª semana, 7ª semana, 8ª semana
    • En grupo:
      • Informes/memorias de prácticas: Asignarase a mesma calificación a cada membro do grupo.
      • Observación sistemática: Asignarase unha calificación persoalizada a cada membro do grupo. Dita calificación estará baseada na observación por parte do profesor do traballo levado a cabo por cada alumno na aula durante a realización das prácticas de laboratorio.
    • Puntuación máxima = 3 puntos

2- EXAME FINAL

Para poder superar a materia requírese unha cualificación mínima de 5 puntos.

  • Exame escrito:
    • Datas: Calendario oficial
    • Individual
    • Contidos: Impartidos no global da materia (incluíndo prácticas).
    • Tipo: Serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test 
    • Puntuación máxima = 10 puntos

3- AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA

Os estudantes serán avaliados utilizando a modalidade de "exame final"

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000