Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Deseño de Circuítos de Microondas e Ondas Milimétricas e CAD
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Serán impartidas nunha aula coa axuda dunha pizarra e medios audiovisuais.
Describiranse os conceptos principais dos Capítulos relevantes da asignatura.

O alumnado disporá en Moovi de documentación de apoio.

Nota: o último Capítulo correspóndese cun traballo de aplicación a realizar polo estudantado. Algún/s dos capítulos/seccións serán traballados e presentados de forma individual, como parte dun traballo tutelado que será avaliado.

Estas clases están orientadas á adquisición das competencias: CG1,4,8 e CE38/OP8.
Prácticas con apoio das TIC Durante estas clases, coa axuda dun simulador comercial de circuítos de microondas, o estudantado deseñará un prototipo circuital, entre aqueles descritos no temario. Este traballo completarase a través do traballo persoal tutorizado.

O alumnado disporá en Moovi de documentación e ficheiros de apoio a estas clases. Tamén se lle proporcionará información para obter unha licenza temporal do simulador de circuítos, grazas a un acordo de UVIGO co provedor do simulador.

Estas clases están orientadas á adquisición das competencias: CG1,4,8 e CE38/OP8.
Prácticas de laboratorio O prototipo deseñado nas prácticas TIC e no traballo persoal, será fabricado polo estudantado no laboratorio en tecnoloxía integrada híbrida e posteriormente medido utilizando a instrumentación adecuada.

Estas clases están orientadas á adquisición das competencias: CG1,4,8 e CE38/OP8.
Traballo tutelado Durante as prácticas TIC, e a través do traballo persoal, o estudantado será guiado na realización individual do deseño ideal dun prototipo circuital. Despois, implementará este deseño (noutro traballo tutelado) en tecnoloxía microstrip híbrida. O estudantado redactará un informe do traballo.

Estas clases están orientadas á adquisición das competencias: CG1,4,8 e CE38/OP8.
Traballo tutelado O estudiantado preparará de forma individual un informe escrito sobre un dos temas da asignatura, asignado polo profesorado. Este traballo será tamén avaliado a través dunha presentación oral, na que se lle plantexarán cuestións sobre o traballo.

Estas clases están orientadas á adquisición das competencias: CG1,4,8 e CE38/OP8.
Traballo tutelado Durante as prácticas TIC, e a través do traballo persoal, o estudantado será guiado na realización individual e evaluación en simulación do deseño dun prototipo circuital en tecnoloxía microstrip. Despois, fabricará este prototipo e avaliará o seu rendemento experimental nas prácticas de laboratorio. O estudantado redactará un informe do traballo.

Estas clases están orientadas á adquisición das competencias: CG1,4,8 e CE38/OP8.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000