Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Comunicacións Móbiles e sen Fíos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Si é preciso que a docencia sexa exclusivamente non presencial, entón a planificación consistirá no seguinte: programaranse as clases (grupo A, B e C) no mesma horario a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Estas clases transmitiranse en liña e posteriormente gravaranse para ser visualizadas en modo asíncrono. Preferentemente os materiais necesarios estarán dispoñibles a través da plataforma Faitic.
Ademais, a avaliación realizarase do seguinte xeito: a resolución de problemas, probas de laboratorio (software), autoavaliación, traballos tutorizados e probas de avaliación estarán dispostas nun formato para resolución remota por parte do alumnado, sen que sexa necesario modificar o seu funcionamento normal.
Manterase o calendario de probas e o peso das probas na avaliación total.
Os horarios de titoría manteranse, pero terán lugar na aula virtual do profesorado do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Para acceder, daranse as indicacións oportunas.
Se é necesario, a titoría habilitarase mediante correo electrónico e videoconferencia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000