Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Comunicacións Móbiles e sen Fíos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Práctica de laboratorio Por cada práctica presentaráse
unha memoria de resultados de xeito individual.
30 C20
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame de resolución de exercicios breves orientados aos temas 1 e 2. 20 C20
Presentación Presentación oral en grupo do traballo supervisado.
A avaliación de cada membro do grupo farase mediante un seguimento personalizado.
10 C20
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame de resolución de exercicios breves orientados aos temas 3 e 4. 20 C20
Exame de preguntas obxectivas Proba de preguntas de resposta única sobre o contido total da materia 20 C20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que curse esta materia pode escoller
entre dous sistemas de avaliación: avaliación continua ou avaliación global.
O alumno debe comunicar ao profesor coordinador por correo electrónico a súa avaliación seleccionada un mes despois do inicio das clases.

Avaliación continua (convocatoria ordinaria)

A avaliación continua comprende a realización
ao longo do cuadrimestre dos apartados desagregados na táboa anterior. Cada un
dos bloques é de realización obrigatoria na modalidade de avaliación continua,
e para superar a materia debe lograrse un mínimo de 25 da nota asignada a cada
un dos  apartados e a nota final acumulada entre o cinco apartados debe
superar polo menos o 50% da cualificación final.

A proba de respostas curtas será tipo test e
realízase o día indicado no calendario oficial de exames. Respecto ao bloque de
probas prácticas (laboratorio), requírese para a súa evaluación da presentación
dun informe por práctica e alumno, feito de forma individualizada. Calqueira
evidencia de copia ou clonación dun informe suporá obter unha puntuación cero
na práctica relacionada.

A avaliación continua supón a realización ao
longo de cuadrimestre do 100% das probas propostas. A non realización dalgunha destas probas implica a perda da avaliación continua e a cualificación final será SUSPENSO.

Estas tarefas non son recuperables, é dicir,
se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten a obrigación
de repetilas e, así mesmo só serán válidas para o curso académico no que se
realicen.

A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Máster (CAM) e estará dispoñible ao principio do cuatrimestre.

Considérase que a materia está aprobada se a
nota acumulada é igual ou superior a 5. No caso de abandonar a modalidade de avaliación continua, a nota final será "SUSPENSO".

Avaliación única (convocatoria ordinaria)

Un alumno que non opte por avaliación
continua pode optar á cualificación máxima mediante o exame final, a realizar o día proposto no calendario oficial de exames, e constará
de tres partes:

- Parte 1: realización das prácticas de
laboratorio e entrega de infórmes/memorias correspondentes (50% da nota
final). Requírese a presentación dun informe por práctica e alumno, feito de
forma individual. Calqueira evidencia de copia ou clonación dun informe suporá
obter unha puntuación cero na práctica relacionada.

- Parte 2: proba de preguntas tipo test (35%
da nota final).

- Parte 3: proba de resolución de problemas
(15% da nota final).

Considérase que a materia está aprobada por
evaluación única se a nota acumulada é igual ou superior a 5.

Avaliación de convocatoria extraordinaria

Para os alumnos que optaron pola avaliación
única, a nota será a do exame final que constará de tres partes: un exame
práctico (apto/non apto)(20%), unha proba de preguntas tipo test (40%) e unha proba
de resolución de problemas (40%).

Considérase que a materia está aprobada en
segunda oportunidade se a nota acumulada é igual ou superior a 5.

Avaliación de convocatoria de fin de carreira

Constará dun exame de tres partes: un exame
práctico (apto/non apto)(20%), unha proba de preguntas tipo test (40%) e unha proba
de resolución de problemas (40%). Considérase que a materia está aprobada se a
nota acumulada é igual ou superior a 5.

Código ético y plagiarismo

En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000