Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Comunicacións Móbiles e sen Fíos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliarase a resolución de problemas entregados a cada alumno para a súa realización de forma autónoma. 10 C20
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final: consiste nunha proba de tipo test para a avaliación das competencias adquiridas polos estudantes mediante a resolución de problemas sinxelos e preguntas de teoría. 35 C20
Autoavaliación Cuestionarios tipo test para cada tema o contido da materia. Realízanse a través da plataforma de teledocencia, que mostra os resultados ao finalizar cada test. O alumno realízaos de forma autónoma, e danse indicacións en horas presenciais. 10 C20
Traballo Avaliaránse os traballos de grupo C mediante a realización dun informe individual de cada alumno. 15 C20
Práctica de laboratorio Por cada práctica (estudo de casos / análise de situacións) presentaráse
unha memoria de resultados de xeito individual.
30 C20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos que cursen esta materia poden
entre dos dous sistemas de avaliación: avaliación continua ou avaliación única.
O alumno debe comunicar ao profesor a evaluación selecionada durante a primeira
sesión de clases tipo A.

Avaliación continua (primeira oportunidade)

A avaliación continua comprende a realización
ao longo do cuadrimestre dos apartados desagregados na táboa anterior. Cada un
dos bloques é de realización obrigatoria na modalidade de avaliación continua,
e para superar a materia debe lograrse un mínimo de 1/3 da nota asignada a cada
un dos  apartados e a nota final acumulada entre o cinco apartados debe
superar polo menos o 50% da cualificación final.

A proba de respostas curtas será tipo test e
realízase o día indicado no calendario oficial de exames. Respecto ao bloque de
probas prácticas (laboratorio), requírese para a súa evaluación da presentación
dun informe por práctica e alumno, feito de forma individualizada. Calqueira
evidencia de copia ou clonación dun informe suporá obter unha puntuación cero
na práctica relacionada.

A avaliación continua supón a realización ao
longo de cuadrimestre do 100% das tarefas propostas: participación activa nas
sesións de aula e nas prácticas de laboratorio, traballo autónomo en forma de
resolución de exercicios e probas de autoevaluación (cuestionarios) on-line e
na clase, os traballos dos grupos C, ademáis da realización da proba de respostas
curtas final.

Estas tarefas non son recuperables, é dicir,
se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten a obrigación
de repetilas e, así mesmo só serán válidas para o curso académico no que se
realicen.

A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Máster (CAM) e estará dispoñible ao principio do cuatrimestre.

Considérase que a materia está aprobada se a
nota acumulada é igual ou superior a 5.

Avaliación única (primeira oportunidade)

Un alumno que non opte por avaliación
continua pode optar á cualificación máxima mediante o exame final, que constará
de tres partes:

- Parte 1: realización das prácticas de
laboratorio e entrega de infórmelos/memorias correspondentes (50% da nota
final). Requírese a presentación dun informe por práctica e alumno, feito de
forma individual. Calqueira evidencia de copia ou clonación dun informe suporá
obter unha puntuación cero na práctica relacionada.

- Parte 2: proba de preguntas tipo test (35%
da nota final).

- Parte 3: proba de resolución de problemas
(15% da nota final).

Considérase que a materia está aprobada por
evaluación única se a nota acumulada é igual ou superior a 5.

Avaliación de segunda oportunidade

Para os alumnos que seguiron a avaliación
continua, os estudantes que queiran conservar a nota obtida na primeira parte
da avaliación continua (70%) poderán optar por realizar só o test (30%) sempre
que superasen o mínimo esixido en cada bloque.

Para os alumnos que optaron pola avaliación
única, a nota será a do exame final que constará de tres partes: un exame
práctico (apto/non apto)(20%), unha proba de preguntas tipo test (40%) e unha proba
de resolución de problemas (40%).

Considérase que a materia está aprobada en
segunda oportunidade se a nota acumulada é igual ou superior a 5.

Avaliación de convocatoria de fin de carreira

Constará dun exame de tres partes: un exame
práctico (apto/non apto)(20%), unha proba de preguntas tipo test (40%) e unha proba
de resolución de problemas (40%). Considérase que a materia está aprobada se a
nota acumulada é igual ou superior a 5.

Código ético y plagiarismo

En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000