Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Desenvolvemento de Aplicacións Móbiles
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Sempre que sexa posible o alumnado dividirase en grupos, para deseñar, desenvolver e probar unha aplicación para dispositivos móbiles. O resultado será avaliado despois da súa entrega tendo en conta aspectos como a corrección, calidade e prestacións da aplicación desenvolvida. Así mesmo, durante a realización do proxecto realizarase un seguimento continuo do deseño e da evolución da implementación, que poderá incluir probas de avaliación intermedias. 40 A2
A5
B8
C33
C34
Presentación Cada grupo de alumnos debe presentar e defender en inglés a aplicación desenvolvida ao finalizar o curso. A defensa debe incluír unha demostración práctica do uso da aplicación. 10 B8
C33
C34
Exame de preguntas obxectivas En cada sesión maxistral realizarase unha proba de tipo test (en inglés) para avaliar a comprensión dos contidos presentados. 20 C33
Práctica de laboratorio En cada sesión de prácticas o alumnado demostrará o correcto funcionamento dos desenvolvementos levados a cabo durante a sesión. 30 A2
B8
C33
C34
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
OPORTUNIDADE ORDINARIA

Seguindo as directrices propias da titulación ofertarase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global. Cando finalice o primeiro mes do curso, o estudantado deberán indicar ao profesorado da materia o sistema de avaliación elixido. Quen opte polo sistema de avaliación continua non poderá ser cualificado como "non presentado" se realiza unha entrega ou proba de avaliación con posterioridade á comunicación da súa decisión.


Sistema de avaliación continua

O estudantado que opte polo sistema de avaliación continua deberán:
  • Realizar un conxunto de probas parciais, con preguntas tipo test. Estas probas parciais realizaranse ao finalizar cada unha das sesións maxistrais. Estas probas suporán un 20 % da cualificación global da materia.
  • Realizar un conxunto de probas prácticas, no laboratorio, de resolución de problemas e/ou casos. Estas probas realizaranse ao finalizar cada unha das sesións de prácticas. Estas probas suporán un 30 % da cualificación global da materia.
  • Deseñar, desenvolver e defender unha aplicación móbil (traballo tutelado). Esta tarefa suporá un 50 % da cualificación global da materia. O 10 % reservase para a presentación e defensa da aplicación móbil desenvolvida. 
A cualificación global da materia será igual á media aritmética ponderada das tarefas indicadas. Para superar a materia a cualificación global debe ser maior ou igual que cinco.


Sistema de avaliación global

O estudantado que opte polo sistema de avaliación ao final do cuadrimestre deberán:
  • Realizar un exame final, con preguntas tipo test ou de resposta curta (un 20 % da cualificación global).
  • Realizar e demostrar o correcto funcionamento das prácticas de laboratorio (un 30 % da cualificación global).
  • Deseñar, implementar e defender unha aplicación móbil desenvolvida por eles mesmos (traballo tutelado), e sempre que sexa posible en grupo (un 50 % da cualificación global, un 10 % se reserva para a presentación e defensa da aplicación móbil).
  • Presentar un dossier no que se inclúan todos os detalles sobre a realización das prácticas de laboratorio e especialmente sobre o traballo tutelado.
A cualificación global da materia será igual á media aritmética ponderada das tarefas indicadas se se entrega un dossier completo, ou cero en caso contrario. Para superar a materia a cualificación global debe ser maior ou igual que cinco.


OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA

Á avaliación en oportunidade extraordinaria só poderán presentarse aqueles estudantes que non se presentaron ou que suspenderon a materia na oportunidade ordinaria.

A avaliación consistirá en realizar unha, dúas ou tres das seguintes tarefas, dependendo da cualificación obtida previamente nas probas equivalentes da oportunidade ordinaria:
  • Realizar un exame final, con preguntas de tipo test ou de resposta curta (un 20 % da cualificación global).
  • Realizar e demostrar o correcto funcionamento das prácticas de laboratorio (un 30 % da cualificación global).
  • Deseñar, implementar e defender unha aplicación móbil desenvolvida por eles mesmos (traballo tutelado) (un 50 % da cualificación global, un 10 % se reserva para a presentación e defensa da aplicación móbil).
  • Adicionalmente, quen seguise o sistema de avaliación global, deberá presentar un dossier no que se inclúan todos os detalles sobre a realización das prácticas de laboratorio e especialmente sobre o traballo tutelado.
No caso de que a cualificación nas probas da oportunidade ordinaria, equivalentes a estas, sexa maior ou igual que cinco, o alumno pode optar por manter a súa nota da oportunidade ordinaria ou realizar a proba de novo.


OUTROS COMENTARIOS
  • As puntuacións obtidas só son válidas para o curso académico en vigor.
  • Aínda que (sempre que sexa posible), o traballo tutelado desenvolverase en grupo, levarase a cabo un seguimento continuo da actividade realizada por cada estudante dentro do grupo. No caso de que o rendemento dun/dunha estudante non sexa acorde ao dos seus compañeiros de grupo, considerarase a súa expulsión do mesmo ou poderá ser cualificado de forma individual. Este criterio aplicarase igualmente á presentación da aplicación desenvolvida. 
  • O uso de calquera material durante a realización dos exames e probas de avaliación terá que ser autorizado explicitamente polo profesorado da materia.
  • En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000