Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Tecnoloxías para o Desenvolvemento Web
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas autónomas a través de TIC Tratarase de implementar unha demostración dun aplicativo web coas tecnoloxías expostas na materia. 50 A1
A5
B12
C35
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final 50 A5
B12
C35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

Para optar á avaliación continua, é necesario asistir ó 80% das sesións prácticas de laboratorio e realiza-la entrega parciais que se indiquen do proxecto de grupo.
Cada unha das entregas será avaliada de xeito individual, sendo a nota total da práctica o resultado de ponderar o 50% da nota obtida na última entrega coa media aritmética das entregas anteriores. Tódalas notas asociadas coa realización do traballo en grupo serán compartidas por todos os membros do mesmo.
A nota final da materia será a media ponderada entre a nota da práctica (50%) e a nota acadada na proba de resposta longa (50%).

Avaliación final:

Os alumnos que prefiran a avaliación final deberán indicalo ó profesor antes da data da primeira entrega parcial do proxecto de grupo. Nese caso, as súas entregas parciais non serán tidas en conta para a nota, pero si para os demais compañeiros do grupo que opten á avaliación continua. A nota final será, directamente, o 50% da nota obtida na entrega final (única) do traballo e a nota acadada na proba de resposta longa (50%).

Segunda convocatoria:

Na segunda convocatoria os alumnos deberán entregar de xeito individual unhas pequenas modificacións ó proxecto desenvolto ó longo do curso. No caso dos alumnos de avaliación final, esta entrega será o 50% da nota da convocatoria e o 50% restante será, de novo, o resultado da proba de resposta larga.
No caso dos alumnos de avaliación continua, a nota da práctica será a maior que se obteña entre a media ponderada da nova entrega (50%) e as entregas parciais (50%) ou de considerar unicamente a nova entrega.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000