Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Procesado Estatístico do Sinal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Asignaranse unha serie de exercicios ao longo do curso que os estudantes deberán resolver e entregar no prazo fixado 30 B4
B8
C23
Resolución de problemas de forma autónoma Asignaranse unha serie de exercicios ao longo do curso que os estudantes deberán resolver e entregar no prazo fixado 30 B4
B8
C23
Exame de preguntas obxectivas Exame final no cal o alumno debe resolver varios exercicios teóricos 40 B4
B8
C23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación, ofrecese aos alumnos que cursen esta materia dous posibles sistemas de avaliación: 

1) Avaliación continua: A cualificación final calcularase en base a:

- Exame final (ata 4 puntos)

- Resolución de exercicios (ata 6 puntos)

Requírese unha nota mínima de 35% no exame final para aprobar a materia. De non acadala, a cualificación pasará a ser:

a) 4 puntos, se a cualificación global sen ter en conta o requisito do 35% no exame non é inferior a 5.

b) Diretamente a do exame, noutro caso.

As cualificacións correspondentes á resolución de exercicios manterase para a oportunidade extraordinaria, na que o alumno poderá realizar un novo exame final. A entrega de calquera boletín de exercicios implica asumir avaliación continua.

2) Avaliación global ao remate do cuatrimestre: A cualificación final é a obtida no exame final, tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria.

En caso de detección de copia en calquera das probas (informes de exercicios ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000