Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Procesado de Sinal en Tempo Real
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas CASO 1, PROGRAMACIÓN EN TEMPO REAL.
Informe dos estudos de casos prácticos e solucións adoptadas.
25 B1
B8
C21
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas CASO 2, PROGRAMACIÓN EN TEMPO REAL E MACHINE LEARNING.
Informe dos estudos de casos prácticos e solucións adoptadas.
25 B1
B8
C21
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas CASO 3, MACHINE LEARNING AVANZADO, APRENDIZAXE PROFUNDO.
Informe dos estudos de casos prácticos e solucións adoptadas.
25 B1
B8
C21
Presentación Os estudantes presentarán, individualmente, o seu traballo relacionado cos estudos de caso 10 B8
C21
Exame de preguntas obxectivas Test teórico sobre a asignatura. 15 B1
B8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O idioma de impartición e avaliación é inglés. 

A asistencia a clase en avaliación continua é obrigatoria, salvo circunstancias excepcionais. Emprégase avaliación continua para avaliar a asignatura, baseada nos tests de preguntas curtas, informes de casos de estudo e presentación.

Existe un exame final na convocatoria ordinaria, na data oficial marcada en Xunta de Escola, á que debe presentarse quen non supere a avaliación continua e desexe aprobar a asignatura (evaluación global). Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos e inclúe todos os temas da asignatura xunto con conceptos e técnicas explicados globalmente para os casos de estudo. Para aprobar, débese obter, polo menos, cinco puntos. Tamén poderá presentarse quen desexe mellorar a súa nota de avaliación continua, nese caso a nota final na asignatura será o máximo entre a nota de avaliación continua e a nota do exame final. 

A entrega de calquera informe ou test supoñerá a participación oficial na avaliación continua, o cal implica haberse presentado á asignatura aínda que non se complete esta avaliación.

Haberá un exame extraordinario ao final do curso que consistirá nunha proba escrita para aqueles alumnos que non superen nin a avaliación continua nin o exame final ordinario. A nota da asignatura será a nota do exame da convocatoria extraordinaria. Este exame final extraordinario tamén será cualificado entre 0 e 10 puntos, e inclúe todos os temas da asignatura. Para aprobar, o alumno debe obter, polo menos, cinco puntos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000