Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Procesado de Sinal en Tempo Real
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Informe dos estudos de casos prácticos e solucións adoptadas.
70 B1
B8
C21
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas baseadas en ordenador sobre os contidos explicados en clases maxistrais e conceptos que aparecen nos estudos de caso.
20 B1
B8
Presentación Os estudantes presentarán, individualmente, o seu traballo relacionado cos estudos de caso 10 B8
C21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O idioma de impartición e avaliación é inglés. 

A asistencia a clase en avaliación continua é obrigatoria, salvo circunstancias excepcionais. Emprégase avaliación continua para avaliar a asignatura, baseada nos tests de preguntas curtas, informes de casos de estudo e presentación.

Existe un exame final de primeira oportunidade na data oficial marcada en Xunta de Escola, á que deben presentarse aqueles estudantes que non superen a avaliación continua e desexen aprobar a asignatura. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos e inclúe todos os temas da asignatura xunto con conceptos e técnicas explicados globalmente para os casos de estudo. Para aprobar, o alumno debe obter, polo menos, cinco puntos. Tamén poderán presentarse os alumnos que desexen mellorar a súa nota de avaliación continua, nese caso a nota final na asignatura será o máximo entre a nota de avaliación continua e a nota do exame final. 

A entrega de calquera informe ou test supoñerá a participación oficial na avaliación continua, o cal implica haberse presentado á asignatura aínda que non se realice este exame final.

Haberá unha segunda oportunidade de exame ao final do curso que consistirá en un exame para aqueles alumnos que non superen nin a avaliación continua nin o exame final da primeira oportunidade. A nota da asignatura será a nota do exame da segunda oportunidade. Este exame final extraordinario tamén será cualificado entre 0 e 10 puntos, e inclúe todos os temas da asignatura. Para aprobar, o alumno debe obter, polo menos, cinco puntos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000