Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Enxeñaría Web
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Na primeira sesión preséntase o marco no que se encadra a materia e detállanse as actividades concretas a realizar polo alumno para alcanzar os obxectivos formativos previstos.

Nas sesións posteriores, os conceptos fundamentais que se abordan na materia serán presentados polo docente, facendo fincapé nos aspectos máis complexos e propoñendo exemplos de aplicación dos mesmos.

Esta metodoloxía oriéntase, principalmente, á consecución das competencias A1, A5 e A26.
Prácticas autónomas a través de TIC O docente formulará unha serie de exercicios de carácter individual orientados a poñer o práctica as tecnoloxías e técnicas tratadas de forma teórica nas clases maxistrais. En particular, contémplase a realización de exercicios prácticos para resolver no laboratorio sobre i) algoritmos de procura de información de carácter xeral e ii) acceso e manipulación de información representada mediante técnicas de Representación do Coñecemento na Web.

Esta metodoloxía oriéntase, principalmente, á consecución das competencias A3 e A5.
Proxectos Os alumnos, en grupos de 2 ou 3 persoas, deberán levar a cabo un caso de estudo completo, consistente na formulación, deseño, desenvolvemento e presentación dunha aplicación Web que faga uso das tecnoloxías e técnicas tratadas no temario da materia.

Esta metodoloxía oriéntase, principalmente, á consecución das competencias A2, A4, A10, A11, A13 e A24.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000