Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Enxeñaría de Internet
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame escrito, sen libros nin material de apoio, de dúas horas de duración. Os alumnos responderán cuestións de carácter conceptual e lóxico sobre calquera dos sistemas, compoñentes, algoritmos ou tecnoloxías que se cubriron nas sesións maxistrais.

Avalíanse as competencias A6, A9, A22, A25 e A26
50
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas operativas e de rendemento do proxecto de enxeñaría. Avaliación crítica das solucións técnicas, as decisións de deseño e a completitude e calidad do proxecto presentado.

Avalíanse todas as competencias.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación



Déixanse a discreción dos alumnos dous métodos de avaliación alternativos na materia: avaliación continua e avaliación
única.


A avaliación continua consistirá na realización dun exame final (50% da cualificación) e no desenvolvemento dun proxecto
de enxeñaría a escala (50% da cualificación) que se presentará antes do último día hábil anterior ao período oficial de
exames. A avaliación única consistirá na realización dun exame final escrito (60% da cualificación) e no desenvolvemento
dun proxecto de enxeñaría a escala (40% da cualificación) que se presentará antes do último día hábil anterior ao período
oficial de exames. As probas escritas das modalidades de avaliación única e continua non serán necesariamente iguais.


Os alumnos optarán por unha ou outra modalidade de avaliación no momento en que se anuncie o proxecto de
desenvolvemento. Consideraranse non presentados todos aqueles que non efectúen elección explícita nese momento.


Quen non superen a materia na primeira oportunidade da convocatoria dispoñen dunha segunda oportunidade no mes de
xullo na que se reavaliarán os seus coñecementos cunha proba escrita ou se reavaliará o seu proxecto se se mellorou ou
modificou. Os pesos de cada unha das probas (exame e proxecto) serán os mesmos que no período ordinario de avaliación
conforme á modalidade que se elixiu.


A cualificación das probas só fornece efecto no curso académico en que se obteñan, con independencia do itinerario de
avaliación escollido.




Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000