Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Deseño e Fabricación de Circuítos Integrados
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Consistirá nunha exposición por parte do profesor de aspectos relevantes da materia relacionados cos contidos da mesma, acerca dos cales o alumno debe realizar un traballo preparatorio previo. O obxectivo é fomentar a participación activa dos alumnos, que poderán realizar preguntas ou expor dúbidas durante a sesión. Para unha mellor comprensión de determinados contidos, exporanse exemplos prácticos ou se analizarán casos de estudo.
Nesta metodoloxía trabállase a competencia CB5 e CE10
Resolución de problemas e/ou exercicios Estableceranse grupos de traballo que levarán a cabo o deseño e comprobación dun circuíto composto por compoñentes pasivos e dispositivos activos. Disporase de grupos pequenos (C), que permitirán realizar un seguimento do desenvolvemento dos proxectos. Realizarase un control de asistencia. As actividades a desenvolver nos grupos C son:
- Debate acerca de posibles solucións e alternativas de deseño.
- Análise e seguimento da solución proposta para o proxecto.
- Memoria coa presentación e a análise dos resultados obtidos.
- Presentación e debate de resultados
Nesta metodoloxía trabállase a competencia CB4, CB5, CG8 e a CE10
Prácticas de laboratorio Os alumnos organizaranse en grupos de dúas persoas. Traballarán cunha ferramenta de deseño de circuítos integrados, mediante a cal levarán a cabo a definición dun circuíto electrónico tanto a nivel eléctrico como físico, a comprobación do cumprimento de especificacións e a preparación do deseño para o envío a fabricación. Realizarase un control de asistencia e aproveitamento da sesión.
Nesta metodoloxía trabállase a competencia *CB5, *CG8 e a CE10
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000