Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Codeseño Hardware/Software de Sistemas Empotrados
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Aprendizaxe baseado en problemas.
Resolución de exercicios e problemas teóricos.
Avaliarase a correcta aplicación dos conceptos teóricos aos problemas realizados, de acordo aos criterios de valoración.
25 A5
B1
B8
C11
C12
Prácticas de laboratorio Avaliarase o correcto funcionamento dos circuítos e programas realizados nas sesións de prácticas correspondentes aos temas 1 a 7 de laboratorio de acordo aos criterios de valoración.
Será necesario ensinar ao profesor o correcto funcionamento de cada un dos circuítos e programas.
25 A5
B8
C11
C12
Traballo tutelado Aprendizaxe baseado en proxectos.
Traballo autónomo de deseño dun sistema encaixado.
Será necesario entregar os ficheiros fonte do traballo realizado. Avaliarase o funcionamento do sistema dixital realizado e a correcta aplicación dos conceptos teóricos ao deseño do sistema dixital, de acordo aos criterios de valoración.
40 A5
B1
B8
C11
C12
Presentación Será necesario realizar unha presentación oral de máximo 15 minutos sobre o traballo práctico autónomo realizado, segundo o índice proporcionado polo profesor. 10 A5
C11
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A cualificación final expresarase de forma numérica entre
0 e 10, segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de 5 de Setembro;
BOE 18 de setembro).

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase
aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación
continua e avaliación global. Os alumnos deben elixir ao inicio da materia se
desexan seguir a avaliación continua ou prefiren presentarse a avaliación global ao final
do cuadrimestre. Os alumnos que opten por avaliación global deberán comunicalo por escrito ao coordinador da materia no prazo dun mes dende o inicio do cuadrimestre.

AVALIACIÓN CONTINUA EN OPORTUNIDADE ORDINARIA

Os alumnos que opten por avaliación continua, pero non
aproben a materia mediante esta modalidade, deberán realizar a avaliación global na oportunidade extraordinaria.

As distintas tarefas deben entregarse na data
especificada polo profesor. Se non é así, non serán cualificadas para a avaliación
continua.

Se o número de alumnos o permite, os alumnos realizarán os exercicios teóricos, as
prácticas de laboratorio e os traballos de laboratorio preferentemente de maneira
individual. No caso de realizarse en grupos de dous alumnos a cualificación
será a mesma para ambos.

Se se segue a materia de forma continua, pódese faltar
como máximo a 2 sesións de calquera tipo. Se se faltou a máis de 2 sesións, será
obrigatorio realizar un traballo individual adicional ou un exame.

1) Prácticas de laboratorio.

Cada práctica puntuarase sobre 10. Logo ponderarase a súa
influencia na nota total da materia en función do número de horas asignado a
cada tema práctico. É dicir, a nota das prácticas, obtense da forma seguinte:

PL = Nota Tema 1L + ... + Nota Tema 7L

2) Exercicios teóricos e problemas.

Avaliarase cada un dos exercicios e problemas plantexados
nas sesións de teoría. Cada exercicio puntuarase sobre 10. Logo ponderarase a súa
influencia na nota total da materia en función da dificultade e da lonxitude do exercicio.

O exercicio principal consiste na realización dunha
rutina software e un periférico hardware para realizar a función asignada a
cada alumno e comparar as prestacións de ambos, en canto a tempo de execución e
recursos lóxicos utilizados. O contido correspóndese co tema 7 de teoría. Será
necesario ensinar o profesor o funcionamento de cada un dos circuítos e
programas. Será necesario entregar una memoria breve explicando o traballo
realizado.

A nota total será a suma das notas de cada un dos
exercicios:

ET = Exercicio 1 + ... + Exercicio N

3) Traballo tutelado.

Traballo de deseño dun sistema encaixado. Avaliarase o
correcto funcionamento dos circuítos e programas desenrolados. O traballo
práctico puntuarase sobre 10.

4) Presentación.

Exposición oral do traballo realizado. A presentación
puntuarase sobre 10.

En caso de superar os exercicios teóricos (ET), as
prácticas de laboratorio (PL) e o traballo autónomo (TA), é dicir, que a nota de
cada parte >= 5, a cualificación final (NF) será a suma ponderada das notas
de cada parte da materia:

NF = 0,25 * ET + 0,25 * PL + 0,40 * TA + 0,10 * PO

En caso de non superar algunha do tres probas (nota
dalgunha proba < 5), a cualificación final (NF) será:

NF = mínimo [4,9; (0,25 * ET + 0,25 * PL + 0,40 * TA + 0,10
* PO) ]

Sendo:

ET = Nota conxunta dos exercicios e problemas teóricos.

PL = Nota conxunta das prácticas de laboratorio.

TA = Traballo Autónomo práctico.

PO = Presentación Oral.

AVALIACIÓN GLOBAL (oportunidade ordinaria e extraordinaria) E CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA

Os alumnos que opten pola evaluación global en oportunidade ordinaria ou non aproben a materia e teñan que presentarse a avaliación global en oportunidade extraordinaria, deberán realizar un exame que se dividirá en dúas partes: unha
teórica e unha práctica.

A parte teórica consistirá no deseño dun periférico cunha
determinada funcionalidade que dispoña dun interface AXI-Lite, que permita a súa
conexión a un Microprocesador. A puntuación será sobre 10 e a súa ponderación
na nota final será do 40%.

A parte práctica consistirá no deseño dun sistema encaixado
cos periféricos necesarios para realizar unha determinada tarefa. A puntuación
será sobre 10 e a súa ponderación na nota final será do 60%.

En caso de superar cada unha das partes, e dicir, que a
nota de cada parte >= 5, a cualificación final (NF) será a suma ponderada de
ambas notas:

NF = 0,40 * ET + 0,60 * EP

En caso de non superar algunha das partes (nota < 5), a
cualificación final (NF) será:

NF = mínimo [4,9; (0,40 * ET + 0,60 * EP)]

Sendo:

ET = Nota deseño periférico AXI.

EP = Nota deseño sistema encaixado.

En caso de detección de copia en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000