Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Enxeñaría Web
   Plan de Continxencias
 
Descrición
A planificación da materia manterase incluso no caso de que a docencia sexa exclusivamente presencial.

As clases celebraranse preferentemente de forma síncrona por medios telemáticos, empregando as ferramentas que proporcione a Universidade (Campus Remoto e Moovi), aínda que algún contido básico pode estar a disposición dos estudantes a través de vídeos.

No que atinxe ás probas de avaliación:

- Os dous informes prácticos non son actividades presenciais, polo que non sofren modificacións.
- Respecto ao proxecto: a presentación da proposta por parte dos alumnos farase por medios telemáticos e a entrega do software e documentación asociada non é unha actividade presencial, mantendo así o seu formato.
- O exame seguirá sendo unha proba escrita que se supervisará empregando as ferramentas do Campus Remoto. Os estudantes deben dixitalizar as respostas escritas a man e subilas a Moovi.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000