A planificación da materia manterase incluso no caso de que a docencia sexa exclusivamente presencial.
As clases celebraranse preferentemente de forma síncrona por medios telemáticos, empregando as ferramentas que proporcione a Universidade (Campus Remoto e FaiTIC), aínda que algún contido básico pode estar a disposición dos estudantes a través de vídeos.
No que atinxe ás probas de avaliación:
- Os dous informes prácticos non son actividades presenciais, polo que non sofren modificacións.
- Respecto ao proxecto: a presentación da proposta por parte dos alumnos farase por medios telemáticos e a entrega do software e documentación asociada non é unha actividade presencial, mantendo así o seu formato.
- O exame seguirá sendo unha proba escrita que se supervisará empregando as ferramentas do Campus Remoto. Os estudantes deben dixitalizar as respostas escritas a man e subilas a FaiTIC. |