Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Procesado de Sinal en Sistemas Audiovisuais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas en aulas de informática Trabállanse conceptos concretos explicados nas sesións maxistrais con axuda de aplicacións informáticas. Os estudantes adquiren parcialmente as competencias A6, A9 y A19.
Traballos tutelados Trabállase sobre os conceptos explicados e extensións dos mesmos. Cada problema/traballo esténdese durante varias semanas nas cales o alumno, en grupos de 2, vai descubrindo, pola súa conta, ou con axuda do profesor, que necesita para resolvelo. O traballo, ou unha parte do mesmo, deberá exporse en público.
Estos traballos desenrolan as competencias da materia e da titulación. Os estudantes adquiren parcialmente as competencias A6, A9 y A19.
Sesión maxistral En cada clase de 2 horas dedicaranse 30 minutos para a exposición por parte do profesor dos contidos da materia, fomentando a discusión crítica dos conceptos e asimilándoos a posteriori mediante o uso do computador. Os estudantes adquiren parcialmente as competencias A6, A9 y A19.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000