Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Redes sen Fíos e Computación Ubicua
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Realizaranse un exame para avaliar a comprensión dos contidos presentados nas sesións maxistrais. 40 A1
C4
C6
C7
C9
C24
Prácticas de laboratorio O alumnado completará de forma individual cuestionarios e/ou informes de prácticas onde se mostrará a correcta realización e comprensión das prácticas.

Os conceptos estudados nestas clases prácticas poderá ser tamén requirido no exame final da materia.
20 A1
A5
C4
C6
C7
C9
C24
Metodoloxías integradas O alumnado dividirase en grupos para a realización do deseño, implementación e proba dun protocolo, sistema, aplicación ou servizo. O resultado será avaliado despois da súa entrega valorando aspectos
como a corrección, a calidade, as prestacións e as funcionalidades. Así mesmo, durante a realización do proxecto realizarase un seguimento continuo do deseño e da evolución da implementación. O seguimento será grupal e individual: cada un dos membros do grupo debe documentar as tarefas desenvolvidas dentro do seu equipo e responder sobre elas.
40 A1
A5
B3
B8
B12
C4
C6
C7
C9
C24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar o curso é preciso completar as distintas
partes nas que se divide a asignatura (sesión maxistral, prácticas de laboratorio e proxectos). A nota final será o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada da
nota de cada unha das partes (é dicir, non se pode ter un cero nalgunha
das partes para poder superar a materia). Sendo "x" a nota das sesións
maxistrais, "y" a das prácticas de laboratorio" e "z" a dos proxectos, a nota
final será: nota = x^0.4*y^0.2*z^0.4

Durante o primeiro
mes, os estudantes deberán indicar expllicitamente e por escrito o seu
desexo de cursar a materia seguindo a avaliación final. Noutro caso
considerarase que siguen a avaliación continua. Aqueles que sigan a
avaliación continua non se poderán considerar "non presentados" unha vez
se realice a entrega do primeiro cuestionario ou tarefa.

O
alumnado que opte pola avaliación final deberá superar as probas escritas (40%), presentar un proxecto (40%) e presentar as
prácticas de laboratorio (20%). Estas partes serán avaliadas tal e como
se indica no apartado de descrición das distintas probas. A nota final
será o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada da nota de cada unha das partes. Ademais, deberá presentar adicionalmente un dossier, que deberá defender presencialmente ante os profesores,onde
se inclúan tódolos detalles sobre a realización das distintas tarefas,
moi especialmente o traballo tutelado. Durante o primeiro mes do curso, o
profesorado notificaralles aos estudantes que opten pola avaliación
final, se deben realizar o traballo de forma individual.

Segunda oportunidade para aprobar o curso

A
avaliación de fin de curso só poderá ser realizada por aqueles alumnos
que suspenderon na primeira oportunidade (ao finalizar o cuadrimestre).

Para
superar o curso será necesario superar as distintas partes nas que se
divide a asignatura: as probas de resposta curta (40%), presentar un
proxecto (40%) e presentar as prácticas de laboratorio (20%). Estas
partes serán avaliadas tal e como se indica no apartado de descrición
das distintas probas. A nota final será o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada da nota de cada unha das partes. Será necesario, ademáis, presentar un dossier, que deberá defender presencialmente ante os profesores, onde se inclúan tódolos detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente o traballo tutelado.

Aqueles
estudantes que seguisen a avaliación contínua poden optar por manter as
notas das partes que tivesen superadas na primeira oportunidade ou
descartalas.

Outros comentarios

As puntuacións obtidas só son válidas para o curso académico en vigor.

Aínda
que o traballo tutelado se desenvolverá (na medida do posible) en
grupos, os alumnos deben deixar evidencias do seu traballo individual
dentro do grupo. No caso no que o rendemento dun alumno ou alumna non
sexa acorde ao dos seus compañeiros de grupo, considerarase a súa
expulsión do mesmo e/ou poderá ser avaliado de forma individual nesta
parte.

O uso de calquera material durante a realización dos exames terá que ser autorizado explicitamente polo profesorado.

En
caso de detección de plaxio ou de comportamento non ético nalgún dos
traballos/probas realizadas a cualificación final da materia será de
"suspenso (0)" e os profesores comunicarán o asunto ás autoridades
académicas para que tome as medidas oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000