Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Laboratorio de Radio
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio 50 C2
C3
C5
C13
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de resposta curta 50 A1
A2
B8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria en primera oportunidade:

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación:

AVALIACIÓN CONTINUA, que é o método recomendado e ao redor do cal se organizan as actividades docentes, e unha opción de AVALIACIÓN ÚNICA, que soamente se recomenda naquelas situacións nas que resulta imposible seguir o sistema recomendado.

AVALIACIÓN CONTINUA

Considerase que o alumno segue avaliación continua se asiste a algunha das prácticas de laboratorio

A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación:
* Prácticas de laboratorio. Avaliación en grupo (Peso: 50%)
* Proba de resposta curta. Avaliación individual (Peso: 50%)

A asistencia a estas prácticas de laboratorio considérase obrigatoria.

Ao final de cada sesión de prácticas os alumnos deben entregar un
informe cos resultados obtidos, que constitue o obxeto de avaliación.

Óptase polo sistema de avaliación continua coa asistencia a
calquera das sesións de prácticas en laboratorio e a entrega do informe.

Con valoración en grupo, todos os compoñentes do grupo terán a mesma calificación, sempre e cando a súa aportación nas sesións de asistencia obrigatoria sexa razonablemente similar.

As tarefas de avaliación continua non son recuperables, e só son válidas para o curso actual.

AVALIACIÓN ÚNICA
A avaliación única consta das probas que se detallan a continuación:
* Exame sobre prácticas de laboratorio. Avaliación individual (Peso: 50%)
* Proba de resposta curta. Avaliación individual (Peso: 50%)

Convocatoria en segunda oportunidade:

A persoa que fose avaliada por Avaliación Continua pode optar entre dúas posibilidades o mesmo día do exame:
* Realizar de novo a Proba de resposta curta na data oficial asignada polo Centro e ser avaliada segundo o estipulado para o sistema de AVALIACIÓN CONTINUA.
* Ser avaliada cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de AVALIACIÓN ÚNICA.
A persoa que NON fose avaliada por Avaliación continua:
* Será avaliada cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de AVALIACIÓN ÚNICA.

No caso de detección de plaxio en calquera das probas ou traballos, a calificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000