Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Laboratorio de Radio
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio 50 C2
C3
C5
C13
Probas de resposta curta Probas de resposta curta 50 A1
A2
B8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación:

AVALIACIÓN CONTINUA, que é o método recomendado e ao redor do cal se organizan as actividades docentes, e unha opción de AVALIACIÓN NON CONTINUA, que soamente se recomenda naquelas situacións nas que resulta imposible seguir o sistema recomendado.

AVALIACIÓN CONTINUA
A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación:
* Prácticas de laboratorio. Avaliación en grupo (Peso: 50%)
* Proba de resposta curta. Avaliación individual (Peso: 50%)
AVALIACIÓN NON CONTINUA
A avaliación non continua consta das probas que se detallan a continuación:
* Exame sobre prácticas de laboratorio. Avaliación individual (Peso: 50%)
* Proba de resposta curta. Avaliación individual (Peso: 50%)

Convocatoria extraordinaria:
A persoa que fose avaliada por Avaliación Continua pode optar entre dúas posibilidades o mesmo día do exame:
* Realizar de novo a Proba de resposta curta na data oficial asignada polo Centro e ser avaliada segundo o estipulado para o sistema de “AVALIACIÓN CONTINUA”.
* Ser avaliada cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de “AVALIACIÓN NON CONTINUA”.
A persoa que NON fose avaliada por Avaliación continua:* Será avaliada cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de “AVALIACIÓN NON CONTINUA”.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000