Práctica de laboratorio |
Valorarase a calidade das memorias presentadas, a participación e actitude demostrada nas prácticas, así como a presentación oral do traballo. |
60 |
A2 A4
|
|
|
|
Ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación única. 1. AVALIACIÓN CONTINUA O sistema de avaliación continua consistirá en: - Unha
proba de resposta curta que se realizará en clase aproximadamente na
metade do período docente. Valoración 10%. Puntuación EC1, cun máximo de
1 punto. - Un exercicio de deseño de antenas para unha aplicación
concreta. Realizarase fundamentalmente de forma autónoma mediante
ferramentas de simulación. O estudante elaborará unha memoria que
entregará e presentará en clase ao final do cuadrimestre. Puntuación
EC2, cun máximo de 6 puntos. Os 6
puntos deste exercicio distribuiranse así: 2 puntos pola participación
activa nas sesións (en grupos C) dedicadas aos deseños e á
súa presentación e discusión; 2 puntos pola calidade da solución
proposta;
1 punto pola calidade da memoria presentada; e 1 punto pola calidade da
presentación
oral. - Un exercicio de resposta longa no que se resolverán
problemas de análises e deseño de antenas para aplicacións concretas.
Realizarase o mesmo día fixado para o exame final ordinario da materia.
Valoración 30%. Puntuación EC3, cun máximo de 3 puntos. - As
probas de avaliación continua non son recuperables, é dicir, se un
alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten
obrigación de repetirllas. - A nota final de avaliación continua
(EC) calcularase como a suma das puntuacións obtidas no tres probas
planificadas: EC=EC1+EC2+EC3. - A cualificación obtida nas tarefas avaliables (EC) será válida tan só para o curso académico no que se realicen.
- Enténdese
que un alumno se acolle a este sistema de avaliación cando realizou a
primeira proba, entregado a memoria da segunda e realizado a
correspondente presentación oral. Neste momento o estudante xa se
considerará ademais como presentado.
2. AVALIACIÓN ÚNICA - PRIMEIRA OPORTUNIDADE Consistirá en: - Un exame final que avaliará as competencias CB2, CG4, CE2, CE3, CE5. Valoración 40%. Puntuación EF1, cun máximo de 4 puntos.
- O
mesmo día do exame o estudante entregará a memoria dun deseño de
antenas previamente asignado. Emprazaráselle a unha presentación oral en
sesión pública no prazo máis breve posible respectando a
compatibilidade con outros exames do mesmo curso e titulación.
Puntuación EF2, cun máximo de 6 puntos. - As cualificacións parciais EF1 e EF2 poderán conservarse só ata a avaliación única - segunda oportunidade, dentro do mesmo curso.
3. AVALIACION ÚNICA - SEGUNDA OPORTUNIDADE Seguirá o mesmo procedemento que a avaliación única na primeira oportunidade. - Os
estudantes, se así o desexan comunicándoo antes de empezar o exame,
poderán conservar a súa nota previa da parte EF1 (ou alternativamente
EC3+EC1) ou ben da parte EF2 (ou EC2).
OBSERVACIÓNS: Antes
da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e
procedemento de revisión das cualificacións obtidas , que serán públicas
nun prazo razoable de tempo. - Considérase presentado a todo
alumno que se presente a calquera dos dous exames finais. Así mesmo
considerarase presentado a quen se acolla ao sistema de avaliación continua nos termos descritos anteriormente. Considérase que a materia está aprobada se a nota final é igual ou superior a 5. |