Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Comunicacións Ópticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final na que se avaliarán todos os contidos da materia. 30 B1
B4
B8
C13
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao finalizar as prácticas de laboratorio, o alumno realizará unha proba puntuable sobre os coñecementos adquiridos nestas sesións (20%).

Así mesmo, antes de comezar o tema 5 da materia, o alumno realizará unha proba puntuable (20%) sobre os contidos dos catro primeiros temas.
40 B4
B8
C13
Estudo de casos Avalíase o traballo realizado polo alumno no estudo de casos expostos en clase. 30 B1
B4
B8
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación



Avaliación en primeira oportunidade:

Ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación:
avaliación continua e avaliación única.


Na terceira semana de clase o alumno debe decidir se opta por avaliación continua ou non. Por defecto, considerarase que o alumno opta por avaliación continua a non ser que este indíquelle por escrito ao profesor o contrario.

Avaliación continua:


A avaliación continua comprende unha serie de tarefas que se realizan ao longo do cuadrimestre (70%) e unha proba de resposta
longa (30%) que se realiza o día que corresponda de acordo co calendario de exames oficial. Estas tarefas
comprenden (a) a realización dunha proba de resposta curta relacionada coas prácticas de laboratorio (20%), qu
e se realizará ao finalizar a última sesión de laboratorio, e cos catro primeiros temas da materia (20%) que se realizará antes de comezar o tema 5, e (b) a participación do alumno nas actividades realizadas no estudo de casos (30%) o cal se avaliará ó final do curso. As actividades relacionadas co estudo de casos se poderán facer en grupos de estudantes. Neste caso, a nota de cada estudante nesta tarefa será a nota do grupo. Estas tarefas non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode
cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten a obrigación de repetilas e unicamente serán válidas para o curso
académico no que se realicen.


Así mesmo, aqueles alumnos que decidan optar por avaliación continua deberán, para poder superar a materia: (a)
realizar polo menos 2 das 3 prácticas de laboratorio hardware; (b) obter, polo menos, 12 puntos sobre 30 no estudo de casos;
(c) obter, polo menos, 12 puntos sobre 30 na proba de resposta longa; e (d) obter un mínimo de 50 puntos en total contando todas as actividades do curso. A nota final daqueles alumnos que non superan estes mínimos esixidos para
poder aprobar a materia mediante avaliación continua calcularase como o mínimo entre: (i) o número total de puntos
obtido polo alumno contando todas as actividades do curso, e (ii) 40 puntos.


A elección de avaliación continua implica necesariamente que o alumno se presentou, con independencia de que
asista ou non á proba de resposta longa.


Avaliación única:


Ademais do sistema de avaliación continua descrito anteriormente, o alumno pode optar por realizar un único exame
final sobre a totalidade dos contidos da materia (100%). O profesor poderalle esixir ao alumno a entrega de tarefas
adicionais, as cales lle serán notificadas na cuarta semana do curso e deberán ser entregadas o día do exame final.
Para poder aprobar a materia o alumno deberá obter, polo menos, 50 puntos sobre 100 contando o exame final e as
tarefas adicionais.


Avaliación en segunda oportunidade:


Aqueles estudantes que optaron por un sistema de avaliación continua en avaliación en primeira oportunidade e cumpren os requisitos (a) e (b) mencionados
arriba poderán, se así o desexan, conservar a nota obtida nas tarefas de avaliación continua (70%) e realizar unha
proba de resposta longa (30%). Para poder superar a materia, estes alumnos deberán obter, polo menos, 12 puntos
sobre 30 na proba de resposta longa, e obter un mínimo de 50 puntos en total contando todas as actividades do
curso.


Alternativamente, estes alumnos poderán tamén optar por realizar un único exame final sobre a totalidade dos
contidos da materia (100%). En caso de querer ser avaliado mediante un exame final, estes alumnos deberán
comunicar esta decisión ao profesor cunha antelación mínima dun mes respecto da data programada para a
realización do exame final. En caso contrario, considerarase que o alumno opta por unha proba de resposta longa e por conservar a nota obtida nas tarefas de avaliación continua.


O resto de alumnos (isto é, aqueles que optaron por un sistema de avaliación continua en primeira oportunidade e non cumpren os requisitos (a)
e (b), e aqueles estudantes que optaron por avaliación única en primeira oportunidade) serán avaliados mediante un único
exame final sobre a totalidade dos contidos da materia (100%).


No caso de realizar un único exame final, o profesor poderalle esixir así mesmo ao alumno a entrega de tarefas
adicionais, as cales lle serán notificadas con, polo menos, un mes de antelación respecto da data de celebración do
exame final e deberán ser entregadas o día de celebración do mesmo. Para poder aprobar a materia o alumno deberá
obter, polo menos, 50 puntos sobre 100 contando o exame final e as tarefas adicionais.

En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a calificación final será de "suspenso (0)" e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000