Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Comunicacións Multimedia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Realización de programas de simulación numérica, incluíndo a análise dos resultados obtidos e a elaboración de memoria/s. 40 B1
B4
C1
C4
C6
C8
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de proba de avaliación intermedia. 20 B1
B4
C1
C4
C6
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de exame final. 40 B1
B4
C1
C4
C6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Avaliación continua: Para que se realice a media ponderada das distintas cualificacións, será necesaria a entrega de cada unha das tarefas indicadas (traballo/s práctico/s con memoria, proba de avaliación intermedia e exame final). Ademais, deberase obter polo menos o 40% da cualificación máxima no exame final e o 40% da cualificación máxima en cada práctica. No caso de que non se alcancen estes limiares a cualificación final será o mínimo da nota ponderada (usando os pesos indicados na táboa anterior) e 4.

- Avaliación global: Para que se realice a media ponderada das distintas cualificacións, será necesaria a entrega de cada unha das tarefas indicadas (traballo/s práctico/s con memoria e exame final). Ademais, deberase obter polo menos o 40% da cualificación máxima no exame final e o 40% da cualificación máxima en cada práctica. No caso de que non se alcancen estes limiares a cualificación final será o mínimo da nota ponderada (cun peso de 40% para as prácticas e 60% para o exame final) e 4.

Todas as probas e traballos desenvolveranse de forma individual e non serán recuperables.

A planificación da proba de avaliación intermedia e a entrega da/s práctica/s publicarase nun calendario compartido e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre.

Tras a publicación das notas da proba de avaliación intermedia os/as estudantes dispoñerán dun prazo de 1 mes para renunciar á avaliación continua.

As mesmas normas son aplicables á avaliación na oportunidade extraordinaria, na que os/as estudantes poderán escoller se desexan manter a cualificación da proba de avaliación intermedia obtida durante o curso e ser avaliados/as mediante avaliación continua, ou ser avaliados/as mediante avaliación global. En ningún caso a cualificación da proba de avaliación intermedia será gardada para cursos posteriores.

No caso de que haxa convocatoria adiantada, a avaliación realizarase mediante un único exame final.

En caso de detección de copia en calquera das probas (proba de avaliación intermedia, prácticas ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000