Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas Electrónicos Dixitais Avanzados
   Plan de Continxencias
 
Descrición
En casos de docencia non presencial ou parcialmente presencial, todas as actividades docentes realizaranse mediante a ferramenta “Campus Remoto” xunto co apoio da plataforma Moovi e do correo electrónico. Ademais, teranse en conta os seguintes aspectos:

* Docencia de grupo A:

Os contidos teóricos da materia impartiranse en modo remoto a través de Campus Remoto

* Docencia de grupos B:

As prácticas de laboratorio que non poidan ser realizadas nos laboratorios especializados da Universidade substituiranse por algunha ou varias das seguintes alternativas:
- Prácticas demostrativas nas que os estudantes deben asistir e participar de forma remota.
- Prácticas de simulación que os estudantes deben realizar e entregar informes de resultados.
- Prácticas realizadas con circuítos electrónicos que os estudantes poden montar nas súas casas e entregar un informe de resultados.

O proxecto pode ser substituído tamén por un traballo teórico e/ou práctico relacionado cos contidos da materia. Neste caso, poderá ser individual ou en grupos de 2 alumnos en función das súas características e/ou extensión de acordo coas indicacións que o profesorado comunicará con suficiente antelación.


* Avaliación no caso en que deba realizarse online:

Manteranse os mesmos criterios de avaliación que en modo de docencia presencial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000