Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas Electrónicos Dixitais Avanzados
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba de preguntas de desenvolvemento e/ou problemas curtos a finais do cuadrimestre. Esta proba avalía todos os contidos impartidos nas clases teóricas.
30 C10
C11
C12
C14
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado resolverán un conxunto de problemas e/ou exercicios de deseño de sistemas. Representa o 10% da cualificación final. 10 C10
C11
C12
C14
Práctica de laboratorio Estas probas realízanse durante as sesións de prácticas de laboratorio. O alumnado debe completar, polo menos, 4 das 5 sesións. A realización práctica dos circuítos indicados no guión e os informes entregados despois de cada sesión representan o 30% da cualificación final. 30 B4
B8
C10
C11
C12
C14
Proxecto O estudantado realizará un proxecto en grupo de 2 estudiantes, preferiblemente, no que desenvolverán as habilidades adquiridas durante as sesións maxistrais e as prácticas de laboratorio. Este proxecto representa o 30% da nota final da materia. 30 A5
B4
B8
C10
C11
C12
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia pode ser superada coa nota máxima mediante
avaliación continua (AC) ou avaliación global (AG). Ambos os métodos de avaliación son
excluíntes. O/a estudante que asista a máis de 2 sesións de laboratorio
considéranse que optan pola avaliación continua. Con todo, aqueles/as que desexen renunciar á avaliación continua, poderán facelo nun prazo máximo dun mes antes da finalización do cuadrimestre.

1. Avaliación continua



O alumnado que opte pola modalidade de AC terá dúas oportunidades de avaliación, a oportunidade ordinaria ao
finalizar o cuadrimestre e a extraordinaria ao finalizar o curso (Xuño-Xullo).

1.1 Oportunidade ordinaria de AC:

A oportunidade ordinaria consta dun conxunto de probas que se realizarán ao longo do cuadrimestre. As datas de todas as probas publicarase nun calendario compartido e estará dispoñible ao comezo do cuadrimestre. O peso e o contido das probas é o seguinte:

- Exame de preguntas obxectivas e/ou exame de preguntas de desenvolvemento (NExam):

  • Esta proba cobre todos os contidos
    impartidos nas sesións de teoría. Consta de problemas e/ou preguntas curtos ou
    de  preguntas de múltiples respostas.
  • Terá unha duración de 1 hora e realizarase
    en horas tipo A.
  • O/a estudante supera esta parte se
    obtén unha nota NExam maior ou igual a 4 sobre 10.

- Resolución de problemas e/ou
exercicios (NExerc):

  • Consiste nun conxunto de problemas e/ou exercicios de deseño que
    se indican nas sesións de teoría e que o alumnado debe entregar en
    determinadas datas previamente estipuladas.
  • Estas actividades realízanse en horas de traballo autónomo.
  • O/a estudante supera esta parte se obtén unha nota  NExerc maior ou igual a 4 sobre 10.

- Prácticas de laboratorio (NPrac):


  • O
    estudantado debe implementar de forma correcta os circuítos descritos nos
    guións das prácticas e entregar un informe de resultados correspondente a
    cada práctica. A cualificación de cada práctica depende destes resultados.

  • Pode ser
    realizado de forma individual ou por grupos de 2 estudantes. Neste último
    caso, e se ambos asisten á práctica, a cualificación é a mesma para os 2
    estudantes.
  • As prácticas teñen carácter obrigatorio. O estudantado debe asistir, polo menos, a 4 das 5 sesións de prácticas (80% de asistencia obrigatoria).

- Proxecto (NPro):


  • Debe ser
    realizado por grupos colaborativos de 2 estudantes,
    preferiblemente.

  • Este proxecto realizarase en horas tipo C baixo a tutorización do profesor responsable.

  • O
    estudante supera esta parte se obtén unha nota NPro maior ou igual a 4 sobre 10.

Cualificación final de avaliación continua (Final_AC):



A cualificación final da AC ordinaria obtense
da seguinte forma:



Final_AC = (NExam*0.3 + NExerc*0.1 +
NPrac*0.3 + NPro*0.3) se NExam, NExerc e NPro son maiores ou iguais a 4;



Final_AC = min[(NExam*0.3 + NExerc*0.1 +
NPrac*0.3 + NPro*0.3), 4.9] noutro caso;

1.2 Oportunidade extraordinaria de avaliación continua:



O estudantado que non supere unha ou máis das probas
da avaliación continua na oportunidade ordinaria poden recuperar as seguintes
partes na oportunidade extraordinaria:


  • Pode
    completar o seu proxecto e esta nota substitúe á anterior (NPro).

  • Pode
    realizar o exame teórico e esta nota substitúe á anterior ( NExam).
  • Pode realizar os problemas e/ou exercicios de deseño e esta nota substitúe á anterior (NExerc).

A cualificación final da AC extraordinaria obtense de igual forma que a ordinaria.

2. Avaliación global



Do mesmo xeito que a avaliación continua, o alumnado que opte por avaliación única terán dúas oportunidades de avaliación, ordinaria e extraordinaria. En ambos os casos constará das
seguintes probas:


  • Un exame
    no que se avalían todos os contidos teóricos da materia. Consiste en
    varios problemas curtos e/ou preguntas de desenvolvemento e dura 2 horas.
    Para superar o exame é necesario obter un 4 sobre 10. Esta proba
    representa o 40% da nota final (NExam).

  • Un exame
    práctico de deseño de sistemas cun grao de complexidade similar ao das
    prácticas de laboratorio realizadas durante o curso. A duración do exame será
    de 2 horas. O peso desta avaliación representa o 20% da nota final
    (Nprac).

  • Un
    proxecto individual cos mesmos obxectivos e complexidade que o proxecto
    realizado na avaliación continua. Este proxecto representa o 40% da nota
    final (NPro) e é necesario obter unha nota maior que 4 sobre 10 para
    superar a materia.

Calificación final de avaliación global (Final_AG):



A nota final (Final_AG) obtense da seguinte maneira:



Final_AG = (NExam*0.4 + NPrac*0.2 + NPro*0.4) se NExam
e NPro son maiores ou iguais a 4;



Final_AG = min[(NExam*0.4 + NPrac*0.2 + NPro*0.4), 4.9]
noutro caso;

3. Outros comentarios


  • O
    estudantado poderá redactar os seus informes, traballos, exames ou
    presentacións en castelán, galego ou inglés.

  • As notas
    obtidas na avaliación continua ou global só son válidas para o
    curso académico actual.

  • Non se
    permite o uso de libros, notas ou dispositivos electrónicos como teléfonos
    ou computadores en ningún exame. Os teléfonos móbiles deben apagarse e
    estar fora do alcance do alumno.

  • En caso de
    detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación
    final da materia será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á
    dirección do Centro para os efectos oportunos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000