Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas Electrónicos Dixitais Avanzados
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesorado expón os contidos teóricos da materia favorecendo a discusión crítica e a participación do estudantado. Como tarefa previa, a documentación de cada sesión estará dispoñible vía Moovi e espérase que o estudantado asista a clase léndoa previamente.

Nas sesións maxistrais trabállanse as competencias A5, C10, C11, C12 e C14.

Prácticas de laboratorio Nas sesións de laboratorio o estudantado aplica os métodos de deseño descritos nas sesións maxistrais. Todas as sesións son guiadas e supervisadas polo profesorado.

Nas sesións de laboratorio trabállanse as competencias B4, C10, C11, C12 e C14.

Aprendizaxe baseado en proxectos Esta actividade céntrase en aplicar as técnicas descritas nas sesións de teoría e habilidades desenvolvidas no laboratorio á realización dun proxecto. O estudantado debe chegar a solucións ben fundamentadas, escollendo os métodos de deseño máis adecuados. Estes proxectos planifícanse e tutorizanse en grupos de tamaño reducido.

Mediante os proxectos trabállanse as competencias A4, A5, B4, B8, C10, C11, C12 e C14.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000