Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Electrónica e Fotónica para Comunicacións
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Electrónica e Fotónica para Comunicacións Código V05M145V01202
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
5 OB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Coordinador/a
Fernández Barciela, Mónica
Correo-e monica.barciela@uvigo.es
Profesorado
Fernández Barciela, Mónica
Fraile Peláez, Francisco Javier
Isasi de Vicente, Fernando Guillermo
Web http://moovi.uvigo.gal/
Descrición xeral O obxectivo da materia é que o alumnado adquirá coñecementos sobre a implementación real de transceptores para os modernos sistemas de comunicacións que transmiten nas bandas de radiofrecuencia, microondas e óptica. No caso dos transceptores de RF e MW, o alumnado aprenderá a avaliar prestacións, seleccionar e deseñar compoñentes e circuítos analóxicos (activos e pasivos) para os mesmos. Como ferramenta de apoio, utilizará un simulador comercial de circuítos.

No ámbito das comunicacións ópticas, o alumnado comprenderá o funcionamento dos compoñentes e subsistemas optoelectrónicos activos básicos de transmisión e recepción, e será capaz de caracterizalos e seleccionalos en función do sistema óptico a deseñar.
Nesta materia o alumnado manexará documentación técnica e bibliografía científica en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000