Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Electrónica e Fotónica para Comunicacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Estas probas avalían o traballo práctico realizado polo alumnado na parte da materia relativa ás tecnoloxías de microondas.

1. En avaliación continua: Mediante unha ou varias probas individuais de preguntas curtas e/ou resolución de problemas/deseños con axuda do simulador de circuítos, durante ou en horario distinto ao de prácticas. Unha destas probas podería implicar realizar e entregar un informe dun deseño circuital.

2. En avaliación global con Exame Final individual: mediante cuestións e/ou resolución de problemas con axuda do simulador.
30 C2
C3
C12
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase unha proba individual de resolución de problemas (con ou sen axuda do simulador):

En avaliación continua, no marco de 1 Puntuable relativo aos contidos en tecnoloxías de microondas.

En avaliación global, no marco do Exame Final.

Esta proba poden tamén conter cuestións de resposta curta.
20 C2
C3
C12
Resolución de problemas e/ou exercicios Respectos á parte da materia relativa a tecnoloxías na banda de RF:

En evaluación Continua o alumnado resolverá, de forma individual ou en grupos reducidos, problemas propostos de deseño de circuítos, con axuda de ferramentas CAD. Entregarán un informe escrito para a súa avaliación. A avaliación podería ser complementada mediante unha entrevista sobre o traballo realizado.

En avaliación global, resolverá problemas similares no marco do Exame Final.
25 C2
C3
C12
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase unha proba individual de resolución de problemas (con ou sen axuda do simulador):

En avaliación continua, no marco de 1 Puntuable relativo aos contidos de fotónica.

En avaliación global, no marco do Exame Final.

Esta proba poden tamén conter cuestións de resposta curta.
25 C2
C3
C12
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para facilitar ao alumnado o traballo nas horas
de prácticas non presenciais, é convinte que o alumnado asista a todas as
clases presenciais de grupo B. Tamén é convinte que realice todos os boletíns
de problemas e prácticas propostas, para así adquirir as destrezas que logo se
esixirán nas probas de avaliación. 

Oportunidade Ordinaria:

A) Para quen se acolla á Avaliación Continua
(AC): 

1.  A asistencia a lo menos o 80% das clases
prácticas (grupo B) relativas ás tecnoloxías de microondas é obrigatoria. 
Nese caso, a avaliación do traballo práctico se realizará a través dunha ou
varias probas individuais, de resolución de problemas/deseño de circuítos pasivos
e/ou activos, usando o simulador de circuítos. Unha destas probas pode implicar
realizar e entregar un informe dun deseño de circuíto. Esta/s proba/s se
corresponderá/n en total con até o 30% da cualificación total da materia
(CTM).  

2. A avaliación da
materia relativa a deseño de circuítos de RF se realizará a través da entrega
dun ou varios informes sobre a resolución de
problemas/deseño (individual ou grupal) con axuda de ferramentas CAD. Esta
avaliación poderá incluír unha entrevista sobre o traballo realizado. Esta/s
proba/s se corresponderá/n en total con até o 25% da CTM.

3. O resto da materia será avaliado (de forma
individual) a través de 2 Puntuables que conterán resolución de problemas,
ademais de poder conter cuestións de resposta curta. O Puntuable 1
avaliará contidos da parte de tecnoloxías de microondas, e correspóndese con
até o 20% da CTM. O Puntuable 2 avaliará contidos da parte de
fotónica, e correspóndese con até o 25% da CTM. 

Unha semana antes da realización do Puntuable
2, o alumnado deberá comunicar á coordinación da asignatura a súa opción de avaliación:
Avaliación Continua ou Avaliación Global. 

A planificación das diferentes probas de
avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grado (CAG) e
estará dispoñible ao principio do cuatrimestre
. Estas probas non son recuperables.

B) Para quen se acolla a Avaliación Global en
Exame Final (100% CTM), se terá en conta soamente a nota obtida neste exame, o
cal incluirá todo o contido teórico e práctico da materia. Así, o exame pode
incluír a resolución de problemas (con ou sen axuda do simulador de
circuítos),  a contestación a preguntas de resposta curta e a realización
dun deseño de circuíto con axuda do simulador.  

Oportunidade Extraordinaria e Fin de Carreira: 

Se presentarán aqueles que non superen a
materia na Oportunidade Ordinaria, debendo realizar un exame das mesmas
características que o descrito na opción B. 

En particular, quen na Oportunidade Ordinaria elixiu Avaliación Continua, poderá optar a conservar as cualificacións obtidas
nas prácticas TIC de microondas (30%) e na resolución de problemas da parte de
RF (25%), polo que realizará unha versión curta do exame da opción B (45% CTM)
que incluirá todo o contido da materia, a excepción dos relativos á parte de RF
e non terá o apoio do simulador.

Unha semana antes da realización do exame, o alumnado deberá comunicar á coordinación da asignatura a súa opción de avaliación: Avaliación Continua ou Avaliación Global. 

En caso de detección de plaxio nalgún dos
traballos realizados polo alumnado,  a cualificación final da materia será
de suspenso (0) e os profesores comunicarán á dirección da escola o asunto para
que tome as medidas que considere oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000