Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Electrónica e Fotónica para Comunicacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Estas probas avalían o traballo práctico realizado polo alumno/a na parte da materia relativa ás tecnoloxías de microondas.

1. En avaliación continua: Mediante unha ou varias probas individuais de preguntas curtas e/ou resolución de problemas/deseños con axuda do simulador de circuítos, durante ou en horario distinto ao de prácticas. Unha destas probas podería implicar realizar e entregar un informe dun deseño circuital.

2. En avaliación única con Exame Final individual: mediante cuestións e/ou resolución de problemas con axuda do simulador.
30 C2
C3
C12
C13
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse probas individuais de resolución de problemas (con ou sen axuda do simulador):

En avaliación continua, no marco de 2 Puntuables, un relativo aos contidos en tecnoloxías de microondas e outro aos de fotónica.

En avaliación única, no marco do Exame Final.

Estas probas poden tamén conter cuestións de resposta curta.
45 C2
C3
C12
C13
Resolución de problemas e/ou exercicios Respectos á parte da materia relativa a tecnoloxías na banda de RF, os alumnos resolverán, de forma individual ou en grupos reducidos, problemas propostos de deseño de circuítos, con axuda de ferramentas CAD. Entregarán un informe escrito para a súa avaliación. A avaliación podería ser complementada mediante unha entrevista sobre o traballo realizado. 25 C2
C3
C12
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para
facilitar ao alumno o traballo nas horas de prácticas non presenciais, é
conveniente que os alumnos asistan a todas as clases presenciais de grupo B.
Tamén é conveniente que realicen todos os boletíns de problemas e prácticas
propostas, para así adquirir as destrezas que logo se esixirán nas probas de avaliación. 



Primeira
Oportunidade:



A)
No caso de que o alumno se acolla á Avaliación Continua (AC): 



1.  A
avaliación das prácticas relativas ás tecnoloxías de microondas se realizará a
través dunha ou varias probas individuais, de resolución de problemas/deseño de
circuítos pasivos e/ou activos, usando o simulador de circuítos. Unha destas
probas pode implicar realizar e entregar un informe dun deseño de
circuíto. Estas probas se corresponderán en total con até o 30% da cualificación
total da materia (CTM).  

 



2.
A avaliación da parte da materia relativa a deseño de circuítos de RF se realizará
a través da entrega dun ou varios informes sobre a resolución de
problemas/deseño (individual ou grupal) con axuda de ferramentas CAD. Esta
avaliación poderá incluír unha entrevista sobre o traballo realizado. Estas
probas se corresponderán en total con até o 25% da CTM.

 



3.
O resto da materia será avaliado (de forma individual) a través de 2
Puntuables que contendrán resolución de problemas, ademais de poder conter
cuestións de resposta curta. O Puntuable 1 avaliará contidos da parte de tecnoloxías
de microondas e correspóndese con até o 20% da CTM. O Puntuable 2 avaliará
contidos da parte de fotónica e correspóndese con até o 25% da CTM. 



Asúmese
que os alumnos que realizan o Puntuable 2 optan por a Avaliación
Continua. 

 



A planificación
das diferentes probas de avaliación intermedia estará dispoñible ao principio
do cuadrimestre. Estas probas non son recuperables

 

 



B)
No caso de que o alumno acóllase a avaliación Única en Exame Final (100% CTM),
se terá en conta únicamente a nota obtida neste exame, o cal incluirá todo o
contido teórico e práctico da materia. Así, o exame pode incluír a resolución
de problemas (con ou sen axuda do simulador de circuítos),  a contestación
a preguntas de resposta curta e a realización dun deseño de circuíto con axuda
do simulador.  

 

 



Segunda
Oportunidade: 

 



Se presentarán
os estudantes que non superen a materia na Primeira Oportunidade, debendo
realizar un exame das mesmas características que o descrito na opción B. 

 



En
particular, os estudantes que na Primeira Oportunidade elixiron Avaliación
Continua, poderá optar a conservar as cualificacións obtidas nas prácticas TIC
de microondas (30%) e na resolución de problemas da parte de RF (25%), polo que
realizarán unha versión reducida do exame da opción B (45% CTM) que incluirá
todo o contido da materia, a excepción dos relativos á parte de RF e non terá o
apoio do simulador.

 



En
caso de detección de plaxio nalgún dos traballos realizados polo alumno,
 a cualificación final da materia será de suspenso (0) e os profesores comunicarán
á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere
oportunas.

</p>

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000