Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Electrónica e Fotónica para Comunicacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas en aulas de informática Avaliarase o traballo do alumno nestas horas de práctica:
1. En avaliación continua: mediante respostas a preguntas curtas ou a resolución dun deseño sinxelo que se entregarán por escrito ao final dalgunha/s da/s práctica/s.
2. En avaliación única con exame final: mediante cuestións e a realización de deseños relacionados co traballo realizado nas aulas de informática.
10 C2
C3
C12
C13
Probas de resposta curta Realizaranse 2 puntuables, no caso de alumnos que seguen a avaliación continua, un deles coincidindo co exame final dos alumnos que van por avaliación única nun exame final. Estes puntuables conterán probas de resposta curta, ademais da resolución de exercicios.

No exame final tamén haberá probas de resposta curta.
30 C2
C3
C12
C13
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase no marco dos dous puntuables, no caso de alumnos que optaron por avaliación continua, e no marco do exame final.
40 C2
C3
C12
C13
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Para os alumnos que seguen avaliación continua, será obrigatoria a realización dun deseño con axuda do simulador de circuítos.
20 C2
C3
C12
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) No caso de que o alumno se acolla á avaliación continua: 


 
1. Será obrigatoria a asistencia ás clases prácticas en aula informática, así como a realización dun deseño dun circuíto activo para a banda de microondas, que será un traballo autónomo do alumno e a proposta do profesor. 
A avaliación das clases prácticas correspóndese co 10% da cualificación total da materia, e a avaliación do deseño do circuíto de microondas (informe por escrito e resposta a preguntas) correspóndese cun 20%. É dicir, a avaliación das clases prácticas e o deseño correspóndense en total co 30% da cualificación da materia.  
2. O resto da materia será avaliado a través de dous puntuables que conterán resolución de problemas, ademais de poder conter cuestións de resposta curta. Estes dous puntuables suman o 70% da cualificación total da materia: o primeiro o 30% e o segundo o 40%. 
Antes de realizar o segundo puntuable, o alumno deberá tomar a decisión de acollerse ou non á avaliación
continua, ou ser unicamente avaliado no exame final. 

B) No caso de que o alumno non se acolla á avaliación continua, teríase en conta unicamente a nota obtida no exame final: na resolución de problemas (na súa versión extensa) e na contestación a preguntas de resposta curta relacionadas con: a parte teórica, e as prácticas en aula informática.
 

Segunda Convocatoria (Xullo): 

En xullo presentaranse os estudantes que non superasen a materia na primeira convocatoria, debendo realizar un exame das mesmas características que o descrito na opción B. 
En particular, os estudantes que na convocatoria anterior elixiron avaliación continua e que desexen conservar as cualificacións obtidas nas clases prácticas (aula informática) e no deseño, que terán un peso conxunto de ata un 30% da nota total da materia, realizarán unha versión reducida do exame indicado no parágrafo anterior (que terá un peso de ata o 70% da nota total da materia).

En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos
realizados polo alumno,  a cualificación final da materia será de suspenso
(0) e os profesores comunicarán á dirección da escola o
asunto para que tome as medidas que considere oportunas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000