Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Electrónica e Fotónica para Comunicacións
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas con apoio das TIC Estas prácticas aplican conceptos relativos a os contenidos en tecnologías de las microondas. O traballo realizarase en forma individual ou en grupos pequenos, aínda que a avaliación será individual.
Coa axuda dun simulador comercial de circuítos de microondas, analizaranse e deseñarán distintos circuítos pasivos (redes de adaptación, filtros, acopladores, etc.) e activos (amplificadores,..). Definiranse e avaliarán diversos parámetros de mérito e outras ferramentas que se utilizarán na análise e deseño destes circuítos.
O alumnado disporá en Moovi de documentos e ficheiros de apoio. Tamén poderá solicitar unha licenza do simulador para o seu PC, grazas ao acordo de UVIGO coa empresa provedora do simulador.

A avaliación do traballo realizado será:
1. En avaliación continua: mediante proba/s, de preguntas curtas e/ou a resolución de problemas de análise ou deseño con axuda do simulador. A/s proba/s pode/n realizarse en horario distinto ao do grupo B.
2. En avaliación global nun exame final: mediante respostas a preguntas curtas e/ou a resolución de problemas de análise ou deseño (con ou sen axuda do simulador).

Nestas prácticas trabállanse as competencias: CG1, CG4, CE2, CE3, CE12 e CE13
Lección maxistral Impartirase en aula coa axuda de pizarra e medios audiovisuais, e tamén de ferramentas CAD.

Describirase en detalle e explicará a maior parte dos conceptos contidos nos capítulos do programa da materia. Mostrarase a aplicación dalgúns destes conceptos mediante resolución de problemas con ou sen axuda do simulador de circuítos. Así, algunhas clases serán teóricas e outras incluirán tanto contidos teóricos como a súa aplicación práctica.

O alumnado terá dispoñible en Moovi documentación e ficheiros de apoio.


Nestas clases trabállanse as competencias: CG1,CG4, CE2, CE3, CE12 e CE13.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000