Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Electrónica e Fotónica para Comunicacións
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas en aulas de informática Coa axuda dun simulador comercial de circuítos de microondas, analizaranse distintos circuítos pasivos (redes de adaptación, filtros, acopladores, etc.) e activos (amplificadores, osciladores). Definiranse e avaliarán diversos parámetros de mérito e outras ferramentas que se utilizarán na análise destes circuítos.
Avaliarase o traballo do alumno nestas horas de práctica:
1. En avaliación continua: mediante respostas a preguntas curtas ou a resolución de problemas ou deseños sinxelos que se entregarán por escrito ao final dalgunha/s da/s práctica/s.
2. En avaliación única con exame final: mediante cuestións e a realización de deseños relacionados co traballo realizado nas aulas de informática.
Nestas prácticas trabállanse as competencias: CG1, CG4, CE2, CE3, CE12 e CE13
Sesión maxistral Impartirase en aula coa axuda de pizarra e canón de vídeo.
Describirase en detalle e explicará a maior parte dos conceptos contidos nos capítulos do
programa da materia.
Competencias: CG1,CG4, CE2, CE3, CE12 e CE13.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000