Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Deseño de Circuitos Electrónicos Analóxicos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso en que a docencia sexa exclusivamente non presencial, entón a planificación consistirá no seguinte:
*A docencia de grupos A, B e C pasará a impartirse a través de aulas do Campus Remoto.
*Nas sesións tipo A desenvolveranse os mesmos contidos descritos na guía. As tarefas nas sesións tipo B adaptaranse para ser levadas a cabo con simuladores, e cando isto non sexa posible, supliranse por outras que sexan factibles e que permitan acadar igualmente as competencias asociadas a elas. Nas sesións tipo C os alumnos realizarán un proxecto asignado polo profesor.

No caso en que a docencia sexa exclusivamente non presencial, a avaliación realizarase como segue:
*As probas de carácter teórico efectuaranse de forma síncrona en aulas do Campus Remoto.
*Na nota final (NF), as probas obxectivas terán un peso do 50% e as probas prácticas o restante 50% (o 30% de NF corresponderá á nota final obtida nas prácticas de laboratorio (NPL) e o 20% de NF á nota obtida no proxecto tutelado (NPT)).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000