Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Deseño de Circuitos Electrónicos Analóxicos
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2016_17
Materia Deseño de Circuitos Electrónicos Analóxicos Código V05M145V01106
Titulacion
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
5 OB 1 1c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Pastoriza Santos, Vicente
Correo-e vpastoriza@uvigo.es
Profesorado
Costas Pérez, Lucía
Pastoriza Santos, Vicente
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral O propósito principal desta materia é que o estudante adquira os coñecementos e habilidades necesarias que lle permitan analizar e deseñar os circuítos electrónicos analóxicos de baixa frecuencia que se utilizan habitualmente nos sistemas de adquisición de datos e os sistemas de instrumentación electrónica. Para iso, en primeiro lugar, preséntanse aos alumnos os seus principais características. A continuación, introdúcense e desenvolven coñecementos acerca de sensores e o acondicionamento dos sinais xerados por estes. Finalmente, trátanse os principios de funcionamento e os parámetros de deseño dos circuítos electrónicos dun sistema de adquisición de sinal.

Os contidos principais ordénanse da seguinte maneira:
+Introdución aos sistemas electrónicos de adquisición de sinal: bloques funcionais e arquitecturas.
+Realimentación: definición e topoloxías.
+Introdución aos sensores: definición e clasificación.
+Introdución aos circuítos acondicionadores de sinal. Presentación dun conxunto de circuítos electrónicos auxiliares de uso moi común no devandito contexto: técnicas de linealización. circuítos modificadores de nivel de sinal. Circuítos rectificadores de media onda e de onda completa. Tensións de referencia. Conversión tensión-corrente. Interruptores e multiplexores analóxicos.
+Amplificación nun sistema electrónico de medida: amplificadores de instrumentación, amplificadores programables, e amplificadores de illamento.
+Filtros activos.
+Circuítos de mostraxe e retención, convertidores dixital-analóxicos e analóxico-dixitais.

Os obxectivos fundamentais da parte práctica da materia son que o estudante adquira habilidades prácticas tanto na montaxe de circuítos e de medida cos instrumentos de laboratorio, para poder distinguir e caracterizar os diferentes circuítos electrónicos estudados, como na identificación e resolución de erros nas montaxes. Ademais, o estudante, ao finalizar a materia, debe coñecer e saber manexar correctamente ferramentas informáticas para o deseño, simulación e análise dos sistemas electrónicos analóxicos estudados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000