Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Tecnoloxías de Rede
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Durante o curso, cunha periodicidade aproximadamente semanal, plantéxanse tarefas, resolución de exercicios, preguntas e tests autoavaliables na aula virtual que deben ser realizadas polos alumnos de xeito individual, autónomo e non presencial, sempre cunha data límite. Estas tarefas teñen un peso global conxunto do 15% 15 A5
B1
B4
B8
B12
C4
C6
C7
C12
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse dúas probas intermedias tipo test, dunha hora de duración, para control de seguemento da materia. Cada proba de control ten un peso do 15%. 30 B1
B4
B8
C4
C6
C7
C12
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final que cobre toda a materia. Supón un peso do 55% pero esíxese unha cualificación mínima de 3.5 puntos sobre 10 para superar a materia 55 B1
B4
B8
C4
C6
C7
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Déixase á elección dos alumnos o método de avaliación, continua ou única.

Avaliación continua (AC) 

Consistirá en:

  • Dúas probas intermedias de control de seguemento do curso (C1 e C2) mediante cuestionarios. Cada proba de control ten un peso do 15% na Nota Final (NF). As datas de realización destas probas serán aprobadas nunha Comisión Académica do Máster e estarán dispoñibles ao inicio do cuadrimestre.
  • A realización das actividades puntuables de tipo non presencial en aula virtual. Durante o curso, cunha periodicidade aproximadamente semanal, plantéxanse tarefas, resolución de exercicios, preguntas e tests autoavaliables na aula virtual que deben ser realizadas polos alumnos de xeito individual, autónomo e non presencial, sempre cunha data límite. A realización destas actividades permite obter "puntos de mérito" (PM) ata un máximo de 150 puntos (no caso da realización correcta de todas elas). A cualificación deste apartado será igual á cantidade de PM dividida por 100. Co obxectivo de facilitar a consecución do máximo de puntos, permitirase acadar certa cantidade de PM mediante recompensas, e nas tarefas con entregas empregarase a avaliación por pares, o que permitirá ao alumnado que o desexe obter PM adicionais.
  • Un examen final (EF) escrito sobre todos os contenidos da materia, que ten un peso do 55% sobre a Nota Final (NF) e no que é necesario obter unha cualificación igual ou superior a 3,5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.

NF-AC = 0.15x(C1+C2) + PM/100 + 0.55xEF se EF >=3.5

NF-AC = EF se EF < 3.5

Considérase que opta por AC aquel alumno que se presenta a algunha das probas de control de seguemento, C1 ou C2. A non realización dalgunha proba de avaliación continua implica unha cualificación de "0" nesa proba. Estas probas non son recuperables.

Avaliación única (AU) 

Consisitirá na realización do mesmo EF ao final do cuadrimestre e a nota será a obtida no devandito exame.

Os alumnos que non se presenten a ningunha das probas de control de seguemento, C1 ou C2, optan obrigatoriamente pola Avaliación Única. 

Segunda oportunidade

Consitirá nun novo EF nas datas oficialmente establecidas que só poderá ser feito polos alumnos que non superaran a materia na primeira oportunidade.

Aqueles alumnos que suspenderan na primeira oportunidade indo por Avaliación Continua e desexen renunciar a ela para escoller a Avaliación Única, terán que solicitalo por escrito ao coordinador da materia antes da data de revisión do exame final da primera oportunidade. Neste caso, tamén se renuncia a calquera recompensa obtida polas actividades de AC realizadas na aula virtual.

Outras consideracións

Considéranse presentados á materia todos os alumnos que se presenten a algún dos Exames Finais. As cualificacións de todas as probas escritas, parciais ou finais, e actividades non presenciais só terán efectos no curso académico no que se propoñan.

A plataforma de aula virtual conta con ferramentas para detectar posibles comportamentos anómalos e deshonestos nos tests de autoavaliación (tests feitos entre varios, respostas coñecidas de antemán, etc.), así como para detectar posibles plaxios en traballos escritos ou en programas software.

En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas/exames/tests realizados, incluídas as actividades non presenciais entregadas ou realizadas na aula virtual, a cualificación final da materia será de Suspenso (0) e os profesores comunicarán á Dirección da Escola o asunto para que tome as medidas oportunas.

Ante calquera contradicción que se puidera dar entre as distintas versións da guía, por mor dalgún erro na traducción, a versión que prevalecerá é esta versión na lingua galega.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000