Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Tecnoloxías de Rede
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Durante o curso plantéxanse tarefas, resolución de exercicios, preguntas e tests autoevaluables na aula virtual que deben ser realizadas polos alumnos de xeito autónomo e non presencial, sempre cunha data límite. Estas tarefas teñen un peso global conxunto do 10% 10 A5
B1
B4
B8
B12
C4
C6
C7
C12
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dous exames parciais dunha hora de duración cada un. O primeiro cubrirá os temas 1 a 4, e o segundo os temas 5 a 8. Cada exame parcial ten un peso do 20%. 40 B1
B4
B8
C4
C6
C7
C12
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final que cobre toda a materia. Supón un peso do 50% pero esíxese unha cualificación mínima de 3.5 puntos sobre 10 para superar a materia 50 B1
B4
B8
C4
C6
C7
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Déixase á elección dos alumnos o método de avaliación, continua ou única.

A Avaliación continua (AC) consistirá en tres probas previas máis un exame final:
  • Dous exames parciais (EP1 e EP2) nas semanas 6ª e 10ª, que cubrirán, respectivamente, os contidos dos temas 1 a 4, e 5 a 8. Cada exame parcial ten un peso do 20% na Nota Final (NF).
  • A participación nas actividades puntuables de tipo non presencial en aula virtual (ANP). Durante o curso plantéxanse tarefas, resolución de exercicios, e tests autoevaluables na aula virtual que deben ser realizadas por todos os alumnos de xeito autónomo e non presencial, sempre cunha data límite. En cada actividade pode obterse unha certa cantidade de "puntos de xogo". A cualificación global das ANP será de 10 puntos se se obtén o número máximo M de "puntos de xogo" nestas actividades. Adicionalmente poderán plantexarse preguntas ou cuestións nas que se obteñan puntos de xogo adicionais de xeito competitivo, pero estes puntos non contarán para o máximo M. As ANP representan o 10% da Nota Final (NF).
  • Un examen final (EF) escrito sobre todos los contenidos da materia, que ten un peso do 50% sobre a Nota Final (NF) e no que é necesario obter unha cualificación igual ou superior a 3,5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.
NF-AC = 0.2x(EP1+EP2) + 0.1xANP + 0.5xEF se EF >=3.5
NF-AC = min[0.2x(EP1+EP2) + 0.1xANP + 0.5xEF; 4.5] se EF < 3.5

A Avaliación única (AU) consisitirá na realización do mesmo EF ao final do cuadrimestre e a nota será a obtida no devandito exame.
Considérase que opta por AC aquel alumno que se presenta ao primeiro exame parcial (EP1), elección que se mantén ata fin de curso. Os alumnos que non se presenten a este EP1, optan obrigatoriamente pola Avaliación Única. No mes de Xullo haberá un novo EF nas datas oficialmente establecidas, que poderá ser realizado por calquera alumno, con independencia de optar por AC ou AU, co obxectivo de mellorar a nota nesta proba con respecto a Maio, e así no cálculo da Nota Final tense en conta a mellor nota das obtidas entre Maio e Xullo. 

Aqueles alumnos aprobados na primeira avaliación e que queiran presentarse á segunda, terán que solicitar por escrito ó coordinador da materia que a súa calificación na acta da primeira convocatoria sexa «Non Presentado». A data límite para esta solicitude coincidirá coa da revisión do exame da primera convocatoria.

Considéranse presentados á materia todos os alumnos que se presenten a calquera das probas escritas, EP1 ou EF. As cualificacións de todas as probas escritas, parciais ou finais, e actividades non presenciais só terán efectos no curso académico no que se propoñan.

En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas/exames realizados, a cualificación final da materia será de Suspenso (0) e os profesores comunicarán á Dirección da Escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000