Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  A Enxeñaría de Telecomunicación na Sociedade da Información
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso en que a docencia sexa exclusivamente non presencial, a actividade docente impartirase mediante Campus Remoto e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia FaiTIC como reforzo, sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes. Neste caso, a planificación da materia consistirá no seguinte:

Sesións A

As leccións maxistrais do tema "As atribucións profesionais e a súa historia" impartiranse mediante clases síncronas a través de Campus Remoto. Adicionalmente publicaranse as presentacións asociadas en FaiTIC, debidamente locutadas, para que o alumnado poida acceder ás explicacións de cada tema no momento que sexa máis oportuno, máis aló das sesións síncronas.

As conferencias do seminario "A enxeñaría na sociedade" impartiranse mediante videoconferencia a través de Campus Remoto. Ditas videoconferencias serán gravadas e poranse a disposición do estudantado, de acordo cos preceptos da LOPD. Solicitarase ademais aos relatores que proporcionen calquera material en formato dixital que consideren oportuno para complementar as súas intervencións. Devandito material tamén se porá a disposición do estudantado en FaiTIC.

Os medios habilitados para a resolución das dúbidas expostas polo alumnado incluirán: (i) foros online de consulta en FaiTIC para dar maior visibilidade ás respostas do persoal docente en relación ás preguntas formuladas por cada estudante, e (ii) titorías no despacho virtual do profesor en Campus Remoto, concertando para elo cita previa.

Sesións C

Realizaranse as reunións programadas mediante videoconferencia a través de Campus Remoto. As dúbidas relacionadas coa parte práctica atenderanse a través dos foros online de consulta e das titorías virtuais.

Avaliación

A avaliación non presencial da materia rexerase polas condicións descritas na guía docente para a modalidade de docencia presencial, incluíndo o mesmo número de probas e idéntica ponderación. Organizarase como segue:

Sesións A: os exames teóricos de avaliación continua e o exame final realizaranse virtualmente nas datas programadas utilizando as ferramentas proporcionadas pola Universidade.

Sesións C: cada grupo de prácticas deberá entregar unha memoria final do proxecto realizado. O contido da devandita memoria e a súa organización darase a coñecer ao comezo de curso, así como a data límite de entrega, no caso de que se active a modalidade virtual.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000