Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  A Enxeñaría de Telecomunicación na Sociedade da Información
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Probas de resposta curta: Nos seminarios valorarase a participación nos debates (cos relatores do seminario Enxeñaría na Sociedade). A avaliación apóiase en probas de resposta curta.
20 A3
B7
B9
B13
D4
Aprendizaxe baseado en proxectos Probas prácticas: A realización dos traballos en grupos avaliarase en dúas partes: a propia dinámica dos traballos e as presentacións.
Polo traballo en si, recibirán un 25% da nota avaliada ao 50% polo profesor que dirixe o traballo e polo conxunto de profesores da materia.
25 A3
B9
C15
D4
Aprendizaxe baseado en proxectos Probas prácticas: A realización dos traballos en grupos avaliarase en dúas partes: a propia dinámica dos traballos e as presentacións.
Pola presentación, recibirán outro 25%, avaliado polos seus compañeiros (avaliación por pares) segundo unha rúbrica que se aprobará antes do comezo dos traballos.
A nota será grupal.
25 A3
B9
C15
D4
Lección maxistral Probas de resposta curta periódicas, que realizaran ao final ou ao principio dalgunhas das aulas de lección maxistral, liberatorias da materia impartida ata o momento.
30 B7
B9
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento O exame de avaliación única, en caso de ter que facelo, constará de preguntas de desenvolvemento, nas que o alumno deberá mostrar os coñecementos adquiridos, iniciativa para propor solucións a problemas non necesariamente de telecomunicación, pero tamén terá que expor a súa opinión sobre conflitos de ética profesional, demostrando a súa capacidade para enunciar xuízos de valor sobre situacións que implican á sociedade. 0 A3
B7
B9
B13
C15
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes poden optar por avaliación continua ou por avaliación global.

1.- As probas de avaliación continua permiten ao estudante obter unha cualificación final baseada unicamente na súa traxectoria ao longo do curso, e consisten en:

1.1. Probas de resposta curta periódicas que se levarán a cabo ao principio ou ao final da clase, que suman un 30%.

1.2. Probas de resposta curta nos seminarios, que suman un 20%

1.3. Probas prácticas para a avaliación dos traballos tutelados (25%) e a presentación dos mesmos (25%)

As tarefas de avaliaciónn continua non son recuperables, e só son válidas para o curso actual.

Un estudante suponse que optou por avaliación continua cando se presentou a unha das probas de resposta longa e participe en dúas actividades de debate en seminarios. Un estudante que opta pola avaliación continua considérase que se presentou á materia, independentemente de que se presente ou non ao exame final. 

Si un estudante, tendo presentado a avaliación continua, opta por presentarse ao exame final, a nota final da materia sería a media de ambas.

2.- Exame de avaliación global. Conforme aos regulamentos da Universidade de Vigo, o estudante que o desexe poderá optar ao 100% da nota final mediante un único exame final. O exame de avaliación global é aquel que se realiza nas datas oficiais marcadas en Xunta de Escola nos meses de Decembro ou Xaneiro en oportunidade ordinaria (ou Xullo, no caso da oportunidade extraordinaria), e ao que deben asistir obrigatoriamente aqueles estudantes que non optaron por avaliación continua e desexen aprobar a materia.

O exame final constará dunha proba de desenvolvemento, de dez preguntas, segundo o descrito no apartado de avaliación. Pode preguntarse calquera contido explicado en clases de aula, seminarios ou presentacións de proxectos.

O exame de oportunidade extraordinaria terá unha estrutura similar ao exame final.

Código ético

Os exames e os tests deben ser realizados individualmente. Calquera infración se considerará como unha falta de ética importante e será comunicada ás autoridades académicas. 

Os profesores poderán decidir suspender a un estudante si comete unha falta ética importante.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000