Os estudantes poden elixir entre avaliación continua ou un exame final. 1.-As probas de avaliación continua permiten ao alumno obter unha cualificación final baseada unicamente na súa traxectoria ao longo do curso, e consisten en: 1.1. Dúas probas de resposta longa ou desenvolvemento, cun 15% da nota total cada unha, sumando un 30%.
1.2. Probas de resposta curta nos seminarios, que suman un 20%
1.3. Probas prácticas para a avaliación dos traballos tutelados (25%) e da presentación dos mesmos (25%)
As tarefas de avaliación continua non son recuperables, e só son válidas para o curso actual. Un estudante suponse que elixiu avaliación continua cando se presentou a dúas das probas de resposta curta e participou en dúas actividades de debate en seminarios. Un alumno que opta pola avaliación continua considérase que se presentou á materia, independentemente de que se presente ou non ao exame final. Se un estudante, presentandose a avaliación continua, opta por presentarse tamén ao exame final, a nota final da materia será a media de ambas.
2.- Exame de avaliación única. Conforme aos regulamentos da Universidade de Vigo, o estudante que o desexe poderá optar ao 100% da nota final mediante un único exame final. O exame de avaliación única é aquel que se realiza nas datas oficiais marcadas en Xunta de Escola nos meses de Decembro ou Xaneiro en primeira oportunidade (ou Xullo, no caso da segunda oportunidade), e ao que deben asistir obligatoriamente aqueles estudantes que non optaron por avaliación continua e desexen aprobar a materia. O exame final constará dunha proba de desenvolvemento, de dez preguntas, segundo o descrito no apartado de avaliación. Pode preguntarse calquera contido explicado nas clases de aula, seminarios ou presentacións de proxectos.
O exame de segunda oportunidade terá unha estrutura similar ao exame final. Código ético Os exames e tests deben ser realizados indovidualmente. Calquera infración considererase como unha falta de ética importante e será comunicada ás autoridades académicas. Os profesores poderán decidir suspender a un estudante se comete unha falta de ética importante |