Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  A Enxeñaría de Telecomunicación na Sociedade da Información
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminario Docencia en formato seminario, no que o alumnado participa moi activamente na evolución das clases profundando nun tema específico, ampliándoo e relacionándoo con contidos orientados á práctica profesional; incluíndo a participación en eventos científicos e/ou divulgativos, organizados ou non na propia Escola; a organización de debates que permitan confrontar ideas e propostas, guiados por docentes; e o estudo de casos/análises de situacións (análises dun problema ou caso real, coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, diagnosticalo e afondar en procedementos alternativos de solución, para ver a aplicación dos conceptos teóricos na realidade). Estas actividades poden ter relacionada unha carga de traballo autónomo do alumno.

O tema "Seminario sobre a Enxeñaría na Sociedade" e os debates relacionados correspóndense con esta metodoloxía docente.

Competencias traballadas: con esta metodoloxía trabállanse as competencias A3, B7, B9, B13 e D4.
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización de traballos para a resolución dun caso ou un proxecto concreto, así como a presentación dos resultados por escrito e/ou mediante unha presentación que pode seguir diferentes formatos: oral, póster, multimedia. Inclúense as Metodoloxías integradas: aprendizaxe baseada en problemas (ABP), resolución de problemas de deseño propostos polo profesor, e ensino baseado en proxectos de aprendizaxe (PBL).

Formaranse grupos de estudantes, usando como criterio para a selección un test de personalidade que os alumnos realizan na primeira sesión. O obxectivo é lograr grupos heteroxéneos, e seleccionados externamente, como nunha empresa real. Os proxectos nos que traballarán os grupos de estudantes están relacionados entre si e se emarcan dentro dunha contorna de estudo determinada. Para este curso académico, estamos en conversacións con AENA para que a contorna de estudo sexa o Aeroporto de Vigo.

Os estudantes, en grupo, preparan un traballo proporcionando unha solución a un problema definido segundo Design Thinking, identificando situacións da vida diaria que a priori non teñen por que relacionarse coa Telecomunicación. A metodoloxía Design Thinking desenvólvese a través das seguintes fases: descubrir, interpretar, idear, experimentar e evolucionar. Na solución indicada deberanse considerar non só cuestións técnicas, senón tamén legais, ambientais, sociais e relacionadas coa sustentabilidade.

Seguindo a metodoloxía Design Thinking, identificarase un ámbito de actuación concreto dentro do tema de estudo, e buscarase información sobre o devandito ámbito de actuación. Os alumnos exporán solucións imaxinativas e tratarán de chegar a unha proposta que sexa razoable, aínda que poida non ser aínda implantable dado o desenvolvemento tecnolóxico actual.
Non se trata de fabricar ou programar unha solución, senón de buscar unha proposta que sexa factible, agora ou nun futuro con tecnoloxía máis desenvolvida, e que sexa aceptable socialmente.

Os grupos empezarán por localizar toda a información relevante. A partir de dita información, tratarán de identificar ás persoas implicadas e tratarán de empatizar con elas, para enunciar o problema que senten (non o que desde fóra cremos identificar). A partir do enunciado do problema, trátase de que os grupos ideen solucións tecnolóxicas ou procedimentales. Terán que buscar información técnica e científica sobre estas e, finalmente, elaborar un prototipo, un informe e unha presentación.

O resultado desta actividade poderase documentar a través dun servizo en liña tipo foro ou wiki. Tamén se producirá un documento final e unha presentación e/ou vídeo que sexa utilizado na defensa do traballo desenvolvido ante a clase. Ambos os resultados avaliaranse de acordo a criterios de avaliación e rúbricas definidas e presentadas aos estudantes a principio de curso e diponibles na plataforma de teledocencia.

A interacción cos profesores levarse a cabo en cinco sesións de unha hora, e a través de foros durante a procura de información, e por correo electrónico para o intercambio de ideas. Os grupos deberán enviar ao profesor que se lles asigne o "punto de vista" antes da terceira sesión, e tres ideas tentativas para resolver o problema antes da cuarta.

O tema "Nunha Sociedade Multidisciplinar" correspóndese con esta metodoloxía docente.

Competencias traballadas: con esta metodoloxía trabállanse as competencias A3, C15, B9 e D4.
Aprendizaxe baseado en proxectos Véase descripción de la metodología anterior
Lección maxistral Exposición dos contidos da materia; inclúe exposición de conceptos; introdución de prácticas e exercicios; e resolución de problemas e/ou exercicios.

O tema "As atribucións profesionais e a súa historia" impártese con esta metodoloxía docente.

Competencias traballadas: con esta metodoloxía trabállanse as competencias B7, B9 e D3.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000