Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Matemática Industrial
 Materias
  Deseño Asistido por Ordenador (CAD)
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso de que a asistencia presencial do alumnado ás clases estea legalmente limitada total ou parcialmente, adoptaranse as seguintes medidas:
1. Garantir que o alumnado matriculado teña disposición dos medios necesarios para o seguimento adecuado da docencia non presencial, que serán: computador persoal e acceso a internet. O alumnado que non dispoña dalgún deses medios deberá comunicalo ao coordinador da materia para solucionalo.
2. Emprégase a plataforma Moovi da materia para a comunicación ao alumnado das distintas medidas adoptadas.
3. Respecto a a presente guía docente, modifícase en caso de non presencialidade segundo:
A: Competencias: Non se modifican.
B: Resultados de aprendizaxe: Non se modifican.
C: Contidos: Non se modifican.
D: Planificación: Non se modifica.
E: Metodoloxías: Modifícanse segundo:
Lección maxistral: impartirase empregando medios telemáticos (aula virtual do Campus Remoto ou outros)
Prácticas de laboratorio e traballo tutelado: Darase acceso ao alumnado ao software de modelado 3D para que poida realizar as tarefas desde fóra da Universidade. Estas tareas serán tuteladas empregando medios telemáticos (aula virtual do Campus Remoto ou outros)
F: Atención personalizada: As sesións de tutorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, foros de Moovi, aula virtual en campus remoto, …) baixo a modalidade de concertación previa.
G: Avaliación: Non se modifican as metodoloxías/probas: Prácticas de laboratorio e Traballo tutelado. Non se modifica a súa descrición, o peso da súa cualificación nin as competencias avaliadas.
As entregas realizaranse empregando medios telemáticos (preferiblemente Moovi). A asistencia ás sesións será contabilizada en función da asistencia virtual do alumnado a cada sesión.
H: Bibliografía. Fontes de información: Aparte das referencias bibliográficas da presente guía, da documentación facilitada en Moovi, poderase facilitar documentación adicional (apuntamentos, vídeos, referencias web,…) para que o alumnado sen asistencia presencial poida seguir adecuadamente a materia.
A presente guía poderá ser modificada atendendo a resolucións reitorais ao respecto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000