Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Matemática Industrial
 Materias
  Métodos Numéricos para Ecuacións en Derivadas Parciais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

Ferramentas de teledocencia e avaliación

A actividade docente das clases que se imparten por videoconferencia seguiranse realizando a través da plataforma de videoconferencia do Máster (Lifesize) ou usando campusremotouvigo.gal; ademais, usarase a plataforma de teledocencia de UVigo como reforzo.

Para as prácticas de laboratorio tentarase usar campusremotouvigo.gal, axustando horarios e grupos (non sería posible ter máis de 20 alumnos ao mesmo tempo). No caso de que non sexa posible xestionar as prácticas de modo online, estas substituiríanse por prácticas guiadas ou resoltas e centraranse máis na análise de resultados e respostas escritas solicitadas telemáticamente.

Titorías

As sesións de titorización poderanse seguir realizando mediante medios telemáticos: ben de forma asíncrona (correo electrónico, foros da plataforma de teledocencia, etc.) ou ben mediante videoconferencia, neste caso mediante cita previa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000