Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Máster Universitario en Teoría do Sinal e Comunicacións.
Materias
Procesado Dixital Avanzado de Voz
Avaliación
Descrición Cualificación
Foros de discusión

Avaliarase a participación do alumno nos foros de discusión en base á relevancia das súas preguntas plantexadas e das respostas a preguntas doutros alumnos e do profesor.
10
Probas de resposta curta Realizaranse diversas probas curtas escritas ou orais (via Skype ou similar) para comprobar a autoría dos informes das prácticas e o grao de comprensión dos conceptos básicos adquiridos polo alumno.
Inicialmente están previstas tres, realizadas a continuación dos temas un, tres e cinco.
20
Informes/memorias de prácticas O alumno presentará unha memoria de prácticas por tema da materia que conterá a resolución dos exercicios propostos e a interpretación dos resultados obtidos. Adxuntará tamén o código Matlab empregado.

A avaliación realizarase en función da correcta resolución dos exercicios, a comprensión dos conceptos que demostre na memoria escrita e a organización da mesma.

En caso de mutuo acordo entre profesor e alumno, a memoria escrita poderá ser sustituida por un video ou presentación demostrativa.
70

Outros comentarios sobre a Avaliación

No caso de non superar a materia mediante os actos de avaliación definidos na guía docente para a primeira oportunidade, o coordinador da materia comunicaralle ao alumno nos quince días seguintes á finalización das actividades académicas do cuadrimestre correspondente que actos de avaliación ten que realizar para superala na segunda oportunidade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000