Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Máster Universitario en Teoría do Sinal e Comunicacións.
 Materias
  Métodos de Simulación de Sinais Aleatorios
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma En cada tema os alumnos entregarán un informe preliminar coas solucións aos exercicios propostos. Poderán entregar un informe definitivo despois do proceso de revisión. Este informe definitivo será avaliado. 50
Metodoloxías integradas Cada grupo de alumnos revisará o informe preliminar elaborado por un compañeiro. Ao longo das distintas sesións, todos os alumnos son revisados polo menos unha vez 30
Foros de discusión En cada tema, exporanse unha serie de cuestións relacionadas co mesmo, ás que deben contestar os alumnos 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao dividir o curso en catro sesións, avaliarase por separado cada unha delas. A media deste catro notas suporá o 90% da cualificación final. O 10% restante utilízase para avaliar a progresión do alumno cando lle toca ser revisado. A idea é que cando lle toque aos demais revisar o seu traballo, debe de ser el o encargado de pechar o foro da revisión contestando a todas as cuestións que expoñan os revisores, ben incorporándoas ao seu informe, ben rebaténdoas no foro.

En caso de non superar a materia mediante os actos de avaliación definidos na guía docente para a primeira oportunidade, o coordinador da materia comunicará ao alumno no quince días seguintes á finalización das actividades académicas do cuadrimestre correspondente que actos de avaliación ten que realizar para superar a materia na segunda oportunidade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000