Guia docente 2013_14
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Máster Universitario en Teoría do Sinal e Comunicacións.
 Materias
  Métodos de Simulación de Sinais Aleatorios
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral O curso estrutúrase en catro sesións máis unha sesión introductoria (tema 0). O obxectivo deste tema 0 é o repasar algúns conceptos básicos sobre estatística e probabilidade que se supón que o alumno adquiriu durante o grao. No caso de que o alumno non teña eses coñecementos previos, a lectura deste tema debería ser obrigatoria.
Cada sesión terá unha duración de tres semanas, exceptuando a sesión 4, que durará catro semanas.

Cada sesión divídese nunha parte teórica, unha parte práctica e unha parte de discusión no foro.
Para a parte teórica facilítanse unhas notas (en formato PDF) onde se describe a teoría mínima para realizar os exercicios e posteriormente proponse unha pequena práctica informática na que se deben desenvolver os coñecementos adquiridos.
Os alumnos dispoñen dunha semana (dúas semanas na sesión 4) para realizar a lectura de cada tema e realizar o informe preliminar (véxase sección seguinte).
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma En cada unha das catro sesións os alumnos deben entregar unha memoria contestando unha serie de preguntas sobre o tema. Este informe será considerado preliminar.
Para a realización das prácticas é necesario dispor dunha ferramenta tipo Octave, Matlab ou similar, aínda que tamén podería utilizarse un compilador de C ou similar e a axuda de calquera paquete estatístico que conteña as representacións máis básicas (histogramas, plots,..) e un módulo de estatística descritiva. O obxectivo deste curso é coñecer unha serie de algoritmos independentemente da ferramenta utilizada.
Metodoloxías integradas En cada sesión os profesores elixirán varios dos traballos (por exemplo, un por cada tres alumnos matriculados). A cada alumno asignaráselle un deles e terá que revisalo, emitindo os seus xuízos razoados no foro, onde poderá discutir co autor e os outros revisores do mesmo informe (pode verse como algo parecido ao proceso de publicación nunha revista científica, salvo que aquí tanto o autor como os revisores son coñecidos e poden interactuar simultaneamente). Este proceso de revisión desenvolverase de mércores a venres da segunda semana.

Se se considera necesario, por mor da discusión previa no foro, cada un poderá retocar o seu traballo orixinal (non só os elixidos para avaliación pública) e entregar de novo a versión definitiva antes da data sinalada para cada sesión.
Esta versión definitiva será a que corrixan os profesores.
Foros de discusión Na terceira semana, os profesores abrirán un foro de discusión, ben sobre algún tema que queda pendente na entrega de informes, ben abrindo novas liñas de debate.

A participación dos estudantes neste foro será obrigatoria e avaliable.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000